O piorno galegoE. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia. No texto aparece co sinónimo C. purgans (Cytisus oromediterraneus, sin. C. purgans auct. non (L.) Spach) é unha especie arbustiva pertencente á familia das fabáceas. Tamén recibe o nome de xesta de montaña.

Descrición Está formada por moitas pólas moi apertadas. Forma extensas matogueiras, só ou convivindo con outros arbustos, coma o xenebreiro rastreiro (Juniperus communis subsp. nana) nas altas montañas silíceas, case sempre por riba do nivel dos bosques ou convivindo co piñeiro rubio. As follas caen cedo polo que os talos están frecuentemente nus; as inferiores son trifoliadas, sen pecíolo; as florais sinxelas e tamén sentadas. Flores amarelas, pequenas, (9–12 mm) solitarias ou por parellas na axila das follas, formando un acio máis ou menos denso na terminación das pólas sostidas por un pedúnculo de 2–6 mm. Cáliz membranoso, e forma de campá e piloso. Corola tipo bolboreta, co pétalo superior arredondado. O froito é un legume de 15 a 30 mm, recto ou algo curvo, moi comprimido lateralmente e cuberto de pelos aplicados á súa superficie. Florea de maio a xullo.Ginés López González: (1982) La Guía de Incafo de los Árboles y Arbustos de la Península Ibérica Incafo, Madrid. ISBN 84-85389-34-4 O aspecto que presenta é moitas veces almofadado para se defender do frío e abeirarse dos fortes ventos que zoan nas alturas.

Distribución En Francia, Península Ibérica e Norte de África. Na Península é moi abondoso nas Serras de Guadarrama, Gredos, Paramera de Ávila, La Serrota, Sistema Ibérico, Montes de León, Pireneos. Aparece tamén en Galiza, Cantabria, Aragón, Cataluña, Castela, Estremadura e Andalucía. Forma piorneiras.

Ecoloxía thumb|Piorneira na Serra de Gredos A súa importancia na vexetación ibérica é moi grande polas enormes superficies que ocupa. Na época de floración tinxe de amarelo moitos dos coradais peninsulares e bota un cheiro intenso e empalagoso semellante ao do mel.

Usos Empregábase coma combustíbel en fornos, para teitos ou cubertas vexetais (colmados), para a fabricación de vasoiras, e coma estrume do gado.

Propiedades medicinais Indicacións: úsase coma purgante e diurético.

Taxonomía É unha especie conflitiva dende o punto de vista nomenclatural. Recentemente estableceuse unha nova división que se expón a seguir:

Polas súas caracteres morfolóxicas, ecoloxía e bioxeografía acéptqanse catro táxones no seo deste grupo (Cytisus oromediterraneus e Cytisus balansae) de Cytisus; dous en Europa: Cytisus oromediterraneus e Cytisus balansae subsp. nevadensis e outros dous nas montañas do Norte de África: Cytisus balansae subsp. balansae e Cytisus balansae subsp. atlanticus.Cantó, P. & Rivas-Martínez, S.(2002) Cytisus oromediterraneus e Cytisus balansae (Cytiseae, Leguminosae) dúas especies europeas.Lazaroa 23: 3-6 . Cytisus oromediterraneus: Ecoloxía e bioxeografía: Silicícola, supramediterráneo subhúmido-húmido, supratemperado e orotemperado húmido-hiperhúmido; submediterráneo no interior da Península Ibérica. Carpetano- Leonés, Orocantábrico, Oroibérico, Pirenaico e Auverniense (Francia). Cytisetalia scopario-striati, Juniperion nanae.

Cytisus balansae subsp. balansae: Ecoloxía e bioxeografía: Indiferente edáfico supramediterráneo e oromediterráneo subhúmido-húmido. Atlásico, Marrocos: Grande Atlas, Alxeria: Dujrdjura, Aurés. Erinacetalia. Cytisus balansae subsp. atlanticus: Ecoloxía e bioxeografía: Preferentemente silicícola, supramediterráneo e oromediterráneo seco-subhúmido. Atlásico, Marrocos: Grande Atlas e Atlas Medio. Erinacetalia. Cytisus balansae subsp. nevadensis: Ecoloxía e biogeografía: Silicícola, oromediterráneo subhúmido. España, Nevadense, Genisto versicoloris-Juniperion hemisphaericae.

Sinonimia 240px|thumb|Piornos a florear na Serra de Guadarrama (España). Cytisus purgans (L.) Boiss. Genista purgans (L.) DC. Sarothamnus purgans]] (L.) Godr. Genista balansae (Boiss.) Rouy Genista europaea (G.López & C.E.Jarvis) O.Bòlos & Vigo Cytisus balansae balansae G.López & C.E.Jarvis Cytisus balansae europaeus (G.López & C.E.Jarvis) Muñoz Garm. Sarothamnus purgans (L.) Gren. & Godr.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas "Cytisus oromediterraneus" en EOL Flora Ibérica

purgans Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Plantas medicinais