Unha secuela é unha obra artística (narrativa, cinematográfica, teatral, musical…) que continúa ou expande a historia comezada nunha obra anterior.

Cronoloxía Hai moitos xeitos de continuar obras anteriores con respecto á cronoloxía do orixinal. Para describilos creáronse varios neoloxismos, como precuela e “reboot”.

Historia É imposible dicir con seguridade cal foi a primeira secuela que fixo a humanidade. Pódese por exemplo considerar a Odisea, de Homero como secuela da Ilíada, no sentido de que expande unha situación e unha personaxe do texto anterior.

O crecemento do mercado literario a principios do século XVIII deu lugar a unha cultura baseada nos autores que levou á súa profesionalización. A edición de secuelas era produto da busca do éxito baseado nos traballos que xa obtiveran recoñecemento comercial.

Franquías Nalgúns casos, as personaxes ou o escenario dun filme ou videoxogo orixinal acaban creando unha franquía nos medios. Xeralmente, a serie de secuelas desenvólvense paralelamente ao merchandising. En ocasións xa están planeadas múltiples secuelas e os actores e os directores poden asinar contratos que garantan a súa participación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Remake Triloxía Bibliografía

Ligazóns externas Slate: "The Midas Formula (How to create a billion-dollar movie franchise)" Box Office Mojo: Film franchise earning comparison

Categoría:Arte