Fermín Fernández García-Armesto, nado na Mezquita o 11 de novembro de 1907 e finado na Coruña o 7 de maio de 1979,La Voz de Galicia, 8-5-1979, p. 60. foi un médico, tradutor e lexicógrafo galego. Era irmán do xornalista Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía).
Traxectoria Foi fillo de Ricarda García Armesto e Fermín Fernández Gómez, farmacéutico. Fixo os seus estudos primarios en Ourense e Vigo, e os secundarios en Santiago de Compostela. En 1932 licenciouse en medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Ao finalizar a licenciatura, ampliou estudos en Alemaña, durante os anos 1932 e 1933, cos profesores Baader e Schultze. Entre 1934 e 1936 exerceu como médico en Consuegra, provincia de Toledo.
Durante a Guerra Civil española serviu como capitán médico no exército da república, encargándose, entre outros cometidos, da organización de hospitais de sangue.
Desde 1939 a 1947 traballou co profesor Ramón Sarró no Hospital de Neuropsiquiatría Santa Ana de Barcelona, e como tradutor de alemán para a Colección Antropológica da Editorial Miracle. Entre 1948 até 1977 foi inspector médico do Instituto Social da Mariña, na Coruña.
Foi cofundador da Editorial Daimón, e mantivo na revista Destino a columna "Ciencia y Medicina". En 1946 recibiu o Premio Nacional de Tradución polo seu abondoso e cualificado traballo como tradutor do alemán, así como do inglés, francés e portugués. Desde 1950 a 1971 foi o editor da versión en castelá da revista científica vienesa Archivos de Medicina Práctica.
Faleceu sen rematar a última revisión da súa principal obra lexicográfica, o Dicionario castelán-galego, publicado postumamente en 1981 por Ediciós do Castro, con limiar de Rafael Dieste.
Principais obras 1968 - "Feijóo, el reformador del Arte de Curar". Homenaje al Padre Feijóo (Universidade de La Plata. Facultade de Humanidades, 1968) 1981 - Dicionario castelán-galego (Ediciós do Castro, 1981) 1981 - Vocabulario castelán-galego (Ediciós do Castro, 1981)
Vida persoal Casou con Eugenia Borchardt Zirbke e foi pai de Ricardo Fernández Borchardt.La Voz de Galicia, 17-10-1997, p. 51.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Mezquita Categoría:Lexicógrafos Categoría:Nados en 1907 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 1979 Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores do alemán Categoría:Tradutores do francés Categoría:Editores de Galicia Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores do portugués Categoría:Médicos da Mezquita Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela