Hécate (grego antigo Ἑκάτη, Hekátē) é unha deusa da mitoloxía e da antiga relixión grega, que adoita ser representada sostendo dous fachos ou unha chave,The Running Maiden from Eleusis and the Early Classical Image of Hekate by Charles M. Edwards in the American Journal of Archaeology, Vol. 90, No. 3 (Jul., 1986), pp. 307-318 e en períodos posteriores na súa forma tripla. Estaba asociada cos cruces de camiños, o lume, a luz, a Lúa, a maxia, a feiticería, o coñecemento das herbas e plantas velenosas e a necromancia.d'Este, Sorita & Rankine, David, Hekate Liminal Rites, Avalonia, 2009. Tiña goberno sobre a terra, o mar e o ceo, así como un papel como salvadora (Soteira), nai de anxos e alma do mundo cósmico.Sarah Iles Johnston, Hekate Soteira, Scholars Press, 1990. Era unha das principais deidades adoradas nos fogares atenienses como deusa protectora da familia e proporcionadora de properidade.Encyclopedia Britannica, Hecate, http://www.britannica.com/EBchecked/topic/259138/Hecate
O seu culto puido terse orixinado entre os carianos de Anatolia, onde variantes do seu nome poden atoparse en nomes dados a nenos. Está relacionada coa deusa romana Trivia, coa que é identificada.
Notas
Categoría:Deusas gregas Categoría:Deuses anatólicos Categoría:Deusas lunares