La Semana foi unha revista editada en Monforte de Lemos entre 1924 e 1925. Historia e características De periodicidade semanal, apareceu no outono de 1924, promovida polos editores de Alborada. Fundada e dirixida por Manuel Hermida Balado, foi órgano da Unión Patriótica de Monforte de Lemos. A redacción estaba formada polo director, Manuel Hermida e Julio Suárez Sánchez, que se encargaba de facer a crítica política. Trataba fundamentalmente temas literarios e nela colaboraron Jerónimo Díez Gervás, Carlos Sánchez-Taíz e José Gayoso Lois. Cesou a súa publicación en 1925.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Prensa escrita de Monforte de Lemos

Categoría:Prensa da Unión Patriótica

Categoría:1924 en Galicia