Serafín Moralejo Álvarez, nado o 31 de outubro de 1946 en Santiago de Compostela e finado o 10 de agosto de 2011 ibídem, foi un historiador da arte e catedrático galego, un dos mellores especialistas en escultura románica do mundo, especialmente no tocante ao Pórtico da Gloria."Muere Serafín Moralejo, el primer catedrático español en Harvard" El Correo Gallego 18/8/2011 .
Traxectoria Fillo do latinista Abelardo Moralejo (e polo tanto irmán dos filólogos Juan José e José Luis), estudou Xeografía e Historia e doutorouse en Historia da arte na Universidade de Santiago de Compostela, na que despois sería profesor e catedrático da Arte Antiga e Medieval.
Experto en escultura románica e gótica, estivo especialmente interesado na iconografía na arte do Camiño de Santiago.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Franco Mata, Ángela (dir. e coord.) (2004). Patrimonio artístico de Galicia e outros estudos. Homenaxe ao prof. dr. Serafín Moralejo Álvarez. Xunta de Galicia.
Ligazóns externas "Serafín Moralejo. El legado de un sabio" Culturas, La Voz de Galicia, 17/9/2011 .
Categoría:Historiadores da arte de Galicia Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Finados en 2011 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes