miniatura|Afonso II o Casto, primeiro peregrino e creador do Camiño Primitivo miniatura|Placa ó pé da Porta de San Pedro, na muralla de Lugo O Camiño Primitivo ou Ruta Xacobea Primitiva, un dos diferentes Camiños de Santiago, comunica a cidade de Oviedo con Santiago de Compostela, cun percorrido total de 343 kmDistancia tomada dos mapas da Credencial do Peregrino.. A Xunta de Galicia dálle tamén o nome de Camiño de Santiago do Norte-Ruta InteriorDECRETO 267/2012, do 5 de decembro, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, ruta do interior, tamén coñecido como Camiño Primitivo ou de Oviedo (DOG nº 248, do 31.12.2012)..
O cualificativo de Primitivo débese a que foi a ruta utilizada no século IX polo rei Afonso II de Oviedo (Afonso II o Casto) cando coñeceu a noticia do descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago. Trala visita ó sepulcro e a confirmación real de que se trataba dos restos do Apóstolo, mandou construír unha capela no lugar que, tras sucesivas reformas e reconstrucións, converteuse na actual Catedral de Santiago. En conmemoración deste feito, no ano 2010 colocouse na catedral de Oviedo unha placa con esta inscrición:
A maiores, outorgou doazóns e promoveu a creación dunha comunidade monástica que atendese a nova igrexa de Santiago e fomentou, a partir de entón, as peregrinacións ó Apóstolo.
Ata que ben entrado o século X non se asegura a conquista do norte da península, o Camiño Primitivo foi o itinerario seguido polos peregrinos do norte español e europeos. A partir dos séculos X e XI foi entrando en declive ó ser substituído polo Camiño Francés. Aínda así, mantivo sempre certa relevancia polo interese dos peregrinos en visitar as reliquias da catedral de Oviedo: moitos dos que viñan polo Camiño Francés se desviaban en León para visitar a catedral do Salvador e recuperaban logo a peregrinación a Santiago seguindo o Camiño Primitivo, como recolle o dito popular Quen vai a Santiago e non ó Salvador, serve ó criado e esquece ó Señor. Tamén se deu a alternativa de tomar esta desviación no camiño de regreso desde Santiago.
Con este Camiño Primitivo enlazan o Camiño do Norte, que viña de Irún a Santiago bordeando a costa cantábrica, e o Camiño de Santiago Real, que subía desde León ata Oviedo.
Nos últimos anos, os gobernos asturiano e galego esforzáronse en crear e manter camiños para os peregrinos así como na sinalización e na dotación de albergues. Aínda así, estes últimos son escasos (1-2 cada tramo de 15–25 km) excepto o comprendido entre Lugo e Melide.
O número de peregrinos que percorre esta ruta é reducido aínda que se observa un leve incremento ano tras ano. Segundo as estatísticas publicadas pola Oficina do Peregrino, ocupa o cuarto lugar en número de peregrinos, con 12.098 en 2016O aumento de peregrinos que optan por esta ruta queda reflictido nas seguintes cifras: 2.719 en 2008 (2,17%), 3.388 en 2009 (2,32%), 7.611 en 2010 (2,82%, que foi Ano Xacobeo), 5.554 en 2011 (3,02%), 6.349 en 2012 (3,30%), 6.854 en 2013 (3,17%), 8.320 en 2014 (3,50%), 11.477 en 2015 (4,37%) e 12.098 en 2016 (4,35%)..
Itinerario Como acontece con outros itinerarios do Camiño, a ruta varía -lixeiramente- segundo a fonte consultada, variación que tamén afecta ó número e extensión das etapas a percorrer.
Dividirémolo en 12 etapas, comprendidas entre Oviedo e Melide, onde conflúe co Camiño Francés para continuar pola mesma ruta ata Santiago.
O Camiño Primitivo en Asturias 1ª etapa: Oviedo - Grau miniatura|200px|Catedral de San Salvador de Oviedo O Camiño comeza na catedral de Oviedo, a Catedral de San Salvador, de estilo gótico e construída no século XIII sobre unha catedral prerrománica do século IX levantada por Froila I. Oviedo contou con varios hospitais de peregrinos e, xunto á Cámara Santa da Catedral, un cemiterio de peregrinos.
Deixa a cidade pola porta de Santiago (unha das oito portas coas que contaba a muralla da cidade, da que xa só quedan restos) e San Llázaru de Paniceres (hoxe un barrio de Oviedo) e pasa por Llampaxuga, Lloriana e La Bolguina. Cruza o río Nora pola Ponte de Gallegos, do século XIII, e sobe ata L'Escampleru, xa no concello de Les Regueres, onde houbo un hospital de peregrinos documentado en 1409.
Segue por Valsera, Premoñu (onde tamén houbo hospital de peregrinos do que só queda a capela, dedicada a Santa Ana), Paladín e Puerma, seguindo o leito do río Nalón, que se cruza en Peñaflor sobre unha ponte de traza orixinal románica. Xa no concello de Grau, chega axiña á capital, á que se accede cruzando a ponte sobre o río Cubia, afluente do Nalón. A cidade foi fundada no século XIII por Afonso X o Sabio e está cruzada polo río Cubia; é unha típica vila nacida ó redor do Camiño, coas casas organizadas ó longo da rúa principal, de disposición central.
2ª etapa: Grau - Salas esquerda|miniatura|200px|Mosteiro de San Salvador de Curniana A segunda etapa comeza cunha forte ascensión ata San Xuan (de Villapañada) e o alto do Freixo (co santuario da Virxe do Freixo), para descender logo cara San Marcelo e La Doriga (xa no concello de Salas); en La Doriga destaca a igrexa románica de Santa Baia. Tralo alto de Cabruñana, onde houbo unha leprosería, segue por Curniana tras cruzar o río Narcea, onde destaca o mosteiro de San Salvador, de comezos do século XI con fachada e claustro barrocos, que estivo ocupado ata a desamortización de 1835. Posúe unha portada románica, chamada Porta da Osa, na que se representa unha osa aleitando unha meniña. A igrexa está dedicada hoxe a San Xoán Bautista e acolle un albergue de peregrinos.
O Camiño ascende ó outeiro de Santa Eufemia e segue por Llamas e Quintana. Cruza o rego Nonaya e pasa por Casazorrina e Maicín, para chegar inmediatamente a Salas, onde destaca a colexiata de Santa María a Maior (gótico renacentista do século XVI) e o Palacio de Valdés-Salas (do mesmo século). Na torre medieval unida ó palacio, do XIV, está aberto un museo prerrománico. En Salas houbo tamén hospital de peregrinos.
3ª etapa: Salas - Tinéu miniatura|esquerda|250px|Val de Porciles O Camiño comeza cunha ascensión en paralelo á estrada N-634 polas aldeas de Porciles, Boudenaya e La Espina (onde existiron dous hospitais). Aquí está a ermida do Cristo dos Aflixidos, do XV.
Un destes hospitais dependía directamente de Compostela, e o arcebispo de Santiago recibía, como renda anual, catro bois bosXosé Ramón Pousa, px. 338..
Entra agora no concello de Tinéu por La Preda e El Pedregal. Tras 6 km se alcanza a capital do concello, coa ermida de San Roque. Tinéu é o segundo concello de Asturias en extensión, con título de puebla desde o século XIII. Cando Afonso IX lle concedeu esta distinción deixou establecido que o Camiño pasara por este lugar (daquela, o Camiño seguía máis ó norte) e mais polo mosterio de Oubona -que veremos na etapa seguinte- e que se castigara a quen desviara os peregrinos.
Do convento franciscano de San Pedro, do século XIII, queda só a igrexa, estando convertidas as dependencias do antigo convento en Museo de Arte Sacra.
4ª etapa: Tinéu - Bourres miniatura|250px|Mosteiro de Santa María de Oubona A etapa comeza cun primeiro tramo en leve ascenso ata o alto de Piedratecha (900 m de altitude), tralo que volve descender ata a aldea do mesmo nome. Tras 10 km de marcha pasa moi próximo ó mosteiro de Santa María de Oubona (distante uns centos de metros do Camiño).
O mosteiro, románico do século XIIIAínda que existe un documento, non verosímil, que o adianta ata o ano 780 ., está hoxe completamente abandonado. Foi reformado no XVII por Melchor Fernández de Velasco. Contén unha talla de Cristo crucificado do século XII.
Segue por Villaluz, Berrigoso (hoxe deshabitado) e Campiello, e logo por El Freisnu e El Espín, para chegar finalmente a Bourres, pequeno lugar do concello de Tinéu no que hoxe non quedan servizos para o peregrino aínda que ten albergue, polo que pode ser recomendable continuar camiñando ata La Puela.
5ª etapa: Bourres - La Puela miniatura|esquerda|Palacio de Cienfuegos, en La Puela O Camiño comeza por Samblismo e segue, con ascensos e descensos sucesivos, por La Mortera e Porciles, para ascender ó alto de Lavadoira. Finalmente, pasa por Ferrói e descende ata La Puela.
La Puela ten carta fundacional do século XIII. Destaca o palacio de Cienfuegos, do século XIV e reformado posteriormente.
Ó chegar a Samblismo pode collerse unha ruta alternativa cara ao norte, por Fonfaraón e Montefurado (en Llago, Allande), pero non recomendable en inverno. Esta ruta é máis dura, cun ascenso ata os 1.200 m de altitude, pero permite contemplar os restos dos hospitais que houbo nesta ruta, considerada a primitiva. En Montefurado, que veremos na etapa seguinte, conecta coa ruta oficial, o que aumenta considerablemente a distancia a percorrer.
6ª etapa: La Puela - A Mesa Esta dura etapa implica a ascensión ata o Porto do Palo (1.145 m) desde o que se goza da vista de amplas paisaxes. Antes de alcanzar o cumio pasa por Penaseita e La Reigada, para logo descender cara Montefurado, Llago e Berducedo. Tras un novo ascenso éntrase no concello de Grandas de Salime e chégase finalmente á Mesa.
7ª etapa: A Mesa - Grandas de Salime miniatura|250px|Hórreo asturiano do Museo Etnográfico de Grandas de Salime Tras unha breve subida, a etapa caracterízase polo camiño en continuo descenso cara ao encoro de Salime no río Navia, inaugurado en 1954.
Comeza pasando por Buspol e, tras dúas horas de marcha, o lugar de Salime (hoxe anegado baixo as augas do encoro). Crúzase o encoro e chégase a Vistalegre e, finalmente, a Grandas de Salime, no concello do mesmo nome, último que atravesa o Camiño antes de entrar en Galicia.
En Grandas destaca a colexiata de San Salvador, de 1186 pero totalmente reconstruída no XVIII. Do edificio orixinal conserva unicamente unha portada románica hoxe no interior da igrexa, amparando unha pía bautismal do XII. A cidade posúe un interesante museo etnográfico.
O Camiño Primitivo en Galicia 8ª etapa: Grandas de Salime - A Fonsagrada miniatura|250px|Vista xeral de Paradavella Case a primeira metade desta etapa está constituída por un camiño ascendente, pasando por A Farrapa, Cereixeira e Castro, onde o peregrino pode facer un descanso para visitar o castro de Chao Samartín. O Camiño pasa logo ó pé da ermida de San Lázaro e, en Xestoselo, continúa pola beiravía da estrada, ascendendo ata o porto do Acevo, a 1.050 m de altitude.A altitude do Alto do Acevo tómase da fotografía que publica Consumer.es . Outras fontes dan alturas de 1.024 metros (Senderismo en Asturias.es , Consumer.es ) ou 1.032 metros (La Voz de Galicia.com ). Pero a páxina de Xacobeo.es eleva esta altura ata os 1.330 metros, quizais un erro taquigráfico por 1.030, que a acercaría á estimada por outras fontes. Un quilómetro antes de alcanzar o cumio entra na provincia de Lugo a través do concello da Fonsagrada.
Comeza agora o descenso e pasa por Cabreira, Fonfría (onde houbo un hospital de peregrinos atendido por cabaleiros da Orde de San Xoán), Barbeitos, Silvela e Paradanova, para iniciar un breve ascenso ata A Fonsagrada. O peregrino aínda debe percorrer dous quilómetros ata San Xoán do Padrón, onde se atopa o albergue.
No interior da igrexa de Santa María da Fonsagrada hai unha capela na que se atopaba a fonte que dá orixe ó nome da vila (Fons Sacrata)Cabeza Quiles, F: Toponimia de Galicia, 2008. Editorial Galaxia, Vigo.. A lenda conta que o Apóstolo fixo que deitara leite en vez de auga para que unha viúva puidese alimentar ós seus fillosLa Voz de Galicia.com ..
En Paradanova, o Camiño divídese para seguir ó val de Burón, A Bastida e Xestoso, ou directamente cara A Fonsagrada. Ambas vías únense en Montouto, pouco antes de Paradavella (na seguinte etapa).