O Club Balonmano Granollers, máis coñecido como BM Granollers é un equipo de balonmán da cidade de Granollers, na provincia de Barcelona. Fundado en 1944, é un dos clubs históricos do balonmán a nivel español e un dos máis laureados.
O pavillón no que xoga o equipo, o Palau d'Esports foi a sede do balonmán nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Ademais posúe unha das mellores canteiras de formación de xogadores novos.
Palmarés 1 Recopa de Europa: 1975-76 2 Copas EHF: 1994-95, 1995-96 10 Ligas de División de Honor: 1958-59, 1959-60, 1960-61, 1965-66, 1966-67, 1967-68, 1969-70, 1970-71, 1971-72, 1973-74 3 Copas do Xeneralísimo: 1957-58, 1969-70, 1973-74 2 Campionatos de España de Copa: 1956, 1957 1 Copa ASOBAL: 1993-94 4 Ligas catalás: 1985-86, 1988-89, 1989-90, 1990-91 1 Liga dos Pireneos: 2008 2 Campionatos de España de balonmán a 11: 1955-56, 1958-59 2 Campionatos de Cataluña de balonmán a 11: 1956, 1959
Véxase tamén Ligazóns externas
Web oficial do BM Granollers
Categoría:Equipos de balonmán de Cataluña Categoría:Granollers