Valgrande-Pajares é unha estación de esquí situada na Cordilleira Cantábrica, no concello de Ḷḷena, no Principado de Asturias. Está situada no alto do porto de Payares, no límite da comunidade asturiana coa provincia de León, a 60 km de Oviedo e León, 75 km de Xixón e 90 km de Avilés.
Foi remodelada recentemente, mellorando os seus servizos e ampliando a superficie esquiable, permitindo a práctica de esquí alpino, esquí de fondo e snowboard. A zona esquiable atópase entre as ladeiras de Celleros, o Cuetu Riondu e Cuitu Negru.
A estación ten 13 remontes, 5 telecadeiras (2 de catro prazas e 3 de dúas) ademais de 8 telesquís que dan unha capacidade de 10.200 esquiadores cada hora e 36 pistas balizadas. Ademais existe un circuíto de esquí de fondo.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial da estación de esquí
Categoría:Estacións de esquí de España Categoría:Asturias