miniatura|300px|Xardíns do "Generalife". Noches en los jardines de España é unha obra musical do compositor español Manuel de Falla (1876-1946). A orixe andaluza de Falla reflíctese nalgúns elementos da música da obra. A súa duración aproximada está entre os 22 e os 26 minutos.

Historia Falla comezou esta obra como un conxunto de nocturnos para piano só en 1909, mais cóntase que confiou o proxecto a Isaac Albéniz (quen daquela residía en París, como o compositor andaluz), e que este, xunto co pianista Ricardo Viñes convenceron a Falla para que transformara os nocturnos nunha obra para piano e orquestra. Aínda coa obra inconclusa, Falla volveu a España, instalándose na casa do pintor catalán Santiago Rusiñol na localidade de Sitges, e crese que a visión dos 30 lenzos do pintor titulados Jardines de España supuxo a inspiración definitiva para completar a obra. Outros non concordan con esta afirmación e afirman que Falla xa comezara a traballar na obra varios anos antes de ver os cadros de Rusiñol. Henri Collet, que coñeceu ao compositor en París, suxeriu que un poema de ambiente francés pertencente a Francis James foi o motor real da composición.

Falla rematou a obra en 1915, adicándolla a Ricardo Viñes. A súa estrea tivo lugar no Teatro Real de Madrid o 9 de abril de 1916 coa Orquestra Sinfónica de Madrid dirixida por Enrique Fernández Arbós, e con José Cubiles ao piano.

Viñes tocou por primeira vez a obra na súa estrea en Donostia, pouco despois da súa estrea mundial, cos mesmos protagonistas. Arthur Rubinstein estaba entre a audiencia aquela noite, e foi quen introduciu a obra en Buenos Aires. A estrea en París tivo lugar en xaneiro de 1920 co pianista Joaquín Nin e coa dirección de Fernández Arbós. O propio compositor foi o solista na estrea da obra en Londres en 1921 no Queen's Hall baixo a batuta de Edward Clark.

Movementos A obra describe 3 xardíns: En el Generalife (Palacio da Alhambra, Granada) Danza lejana (este segundo xardín non é identificable) En los jardines de la Sierra de Córdoba (festa xitana do Corpus)

Semella que Falla propuxo a posibilidade de engadir un cuarto movemento baseado no tango de Cádiz, mais finalmente ese movemento sería empregado en El amor brujo.

Características Falla describiu as Noches en los jardines de España como "impresións sinfónicas". O propio Falla escribiu sobre a obra:

A parte do piano é elaborada, brillante e elocuente, mais raramente dominante, sendo o piano unha parte integrante mais diferenciada dunha grande orquestra, empregando recursos típicos do impresionismo como os arpexios con transposicións sucesivas a oitavas superiores ou glissandi. A partitura orquestral é exuberante.

Trátase da obra máis impresionista do mestre gaditano, na que as influencias españolas e francesas se mostran evidentes, cunhas escalas e motivos españois moldeados nunha orquestración francesa.

Se ben na obra Falla ensaia novas formas musicais, non abandona a influencia do concerto sinfónico de compositores como César Franck, Vincent d'Indy ou Claude Debussy. Nesta obra apréciase como o compositor se afasta cada vez máis da forma sonata para achegarse a un carácter rapsódico.

Instrumentación A obra orixinal está escrita para:

Instrumentación de Noches en los jardines de España |- | bgcolor="#FFECB2"|Madeiras 3 frautas e piccolo, 2 óboes e corno inglés, 2 clarinetes, 2 fagots e contrafagot.Metais |- | | 4 trompas, 2 trompetas, 3 trombóns, tuba. |- | bgcolor="#FFECB2"|Percusión Timbais, pratos e ferriños.Cordas |- | | Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos arpa |- | bgcolor="#FFECB2"|Teclado Celesta, piano

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de composicións de Manuel de Falla

Ligazóns externas Fundación Manuel de Falla Obra completa en YouTube

Categoría:Composicións musicais de Manuel de Falla