Francisco Martínez González-Bengoechea, finado en París en novembro de 1900, foi un banqueiro e político galego.

Traxectoria Banqueiro en Ribadeo. Militante do Partido Liberal, foi elixido deputado polo distrito de Ribadeo nas eleccións de 1893. Nas eleccións de 1896 volveu presentarse, pero foi derrotado polo candidato conservador Manuel Baamonde Guitián. Volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito nas eleccións de 1898 e 1899. Finou en novembro de 1900, durante unha viaxe a París, debido a febre tifoide.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Finados en 1900 Categoría:Políticos do Partido Liberal (España) Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Nados en ano descoñecido