Delbert Martin Mann, Jr., nado en Lawrence (Kansas) o 30 de xaneiro de 1920 e finado nos Ánxeles (California) o 11 de novembro de 2007, foi un director de cinema e televisión estadounidense.
Traxectoria Foi piloto de combate durante a segunda guerra mundial, trala que marchou a estudar teatro. Ao graduarse comezou a dirixir para a televisión. Co seu primeiro filme, Marty, gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes e mailos Óscar ó mellor filme e ao mellor director. É a única película en conseguir estes premios. Tamén foi a primeira película baseada nun telefilme que gañou o Óscar principal.
Finou de pneumonía en 2007.
Obra Marty (1955) The Bachelor Party (1957) Desire Under the Elms (1958) Separate Tables (1958) Middle of the Night (1959) The Dark at the Top of the Stairs (1960) Lover Come Back (1961) The Outsider (1961) That Touch of Mink (1962) A Gathering of Eagles (1963) Dear Heart (1964) Quick, Before It Melts (1964) Mister Buddwing (1966) David Copperfield (1969) Kidnapped (1971) Night Crossing (1982)
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Kansas Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Óscar ó mellor director