Ikusi mendizaleak, (Ollade montañeiros en galego), é unha cantiga tradicional vasca composta por Sabino López de Guereño. Unha das versións máis coñecida é a interpretada pola banda de folk Oskorri.

Letra Orixinal en éuscaro Ikusi mendizaleak baso eta zelaiak, mendi tontor gainera igo behar dugu.

Ez nekeak, ez da bide txarra; gora, gora, neska-mutilak, a, a, a, Gu euskaldunak gara, Euskal Herrikoak.

Hemen mendi tontorrean, euskal lurren artean, begiak zabaldurik, bihotza erretan.

Hain ederra, hain polita da ta, gora, gora Euskal Herria, a, a, a, Gu euskaldunak gara, Euskal Herrikoak. Gu euskaldunak gara, Euskal Herrikoak.Tradución ó galego Ollade montañeiros os bosques e os campos, ao cumio da montaña habemos de chegar.

Sen cansazo, non é un mal camiño; Arriba, arriba, rapaces e rapazas, a, a, a, Nós somos euskalduns do País Vasco.

Aquí no cumio da montaña entre terras vascas, os ollos abertos, o corazón ardendo.

É tan belida, é tan fermosa para min arriba, arriba, País Vasco, a, a, a, Nós somos euskalduns, do País Vasco. Nós somos euskalduns, do País Vasco.

No cinema Ikusi mendizaleak foi interpretada pola actriz francesa Mélanie Doutey no filme El Lobo.

Véxase tamén Ligazóns externas Ikusi mendizaleak (versión de Oskorri)

Categoría:Cancións en lingua éuscara