El Miñor foi un semanario editado en Baiona entre 1904 e 1911.
Historia e características Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 26 de novembro de 1904. Editábase os sábados. Estivo dirixido por Xosé María Barreiro e Cándido del Río Giménez. Defendía os intereses municipais do Val Miñor con fina sátira a aire xocoso. Estivo vencellado ao agrarismo. Tivo unha axencia correspondente en Buenos Aires, no número 703 da rúa de Belgrano.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Baiona Categoría:1904 en Galicia