miniatura|San Xián o Hospitaleiro, en Romai, Portas. XiánEladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Xi%E1n&tipo_busca=lema (pronunciado ) é un nome propio masculino galego. De orixe latina, é un xentilicio da familia Iulia, dedicado a Xúpiter, a través do latín Iulianus. Porén, neste nome galego, conflúe tamén un nome xermánico, frecuente no galego medieval, nas formas Egila e Egilanus, e que significaba puñal. En galego tamén conta coas variantes Xiao, Xillao, Xullán e Xulián.

En xaneiro de 2023 existían 1.180 varóns en Galicia co nome Xián, cunha media de idade de 11,5 anos,Nome Xián na Web do Instituto Galego de Estatística 60 co nome Xiao, cunha media de idade de 14,6 anosNome Xiao na Web do Instituto Galego de Estatística e 39 co nome Xulián, cunha media de idade de 25 anos.Nome Xulián na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coas variantes Xillao ou Xullán.

Etimoloxía Xián provén do latín iulianus, que significa de xulio ou pertencente á familia de Xulio, exactamente á familia do emperador Xulio César (en latín Gaius Julius Caesar). Este nome podería ter moitos máis significados entre os que están: xuvenil, rexo, vizoso, raíces fortes ou perennes. Outra definición aceptada comunmente é "o do cabelo encaracolado".

Santoral Existen varios santos con este nome. Entre eles, san Xián o Hospitaleiro, de maior culto en Galicia; san Xián de Brivate; e san Xián de Antince (ca. †304), mártir xunto á súa dona Basilisa.

Variantes noutras linguas

Alemán: Julian Aragonés: Chulián, ChullánEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Iyán, Xulián Castelán: Julián Catalán: Julià Éuscaro: Julian / Julen Francés: Julien Inglés: Julian Italiano: Giuliano Portugués: Julião Romanés: Iulian Ruso: Iulian

Persoeiros Galegos Xulián Magariños, Negreira, 1904, foi un escritor e avogado galego. Xulián Maure Rivas, Vigo,1941, é un ensaísta e editor galego. Julián Ríos, Vigo, 1941, é un escritor galego en lingua castelá. Julián Pellón Rodríguez, Larouco, 1816, foi un mestre e político galego. Julián Martínez Larrán, Vigo, 1928, é un avogado e político galego. Julián Rodríguez León, O Barco de Valdeorras, 1970, é un alpinista galego. Julián Besteiro, Madrid, 1870, foi un político socialista español de orixe galega. Julián Hernández, Madrid, 1960, é un cantante e guitarrista galego, un dos fundadores da banda Siniestro Total. Julián Barrio, Manganeses de la Polvorosa (Zamora), 1946, é un crego católico galego, arcebispo de Santiago de Compostela desde 1996. Julián Lucas Ramírez,Cuenca, 1949, é un político galego do PPdeG.

Antigüidade Xuliano (Flavio Claudio Xuliano), nado no ano 331, foi un emperador romano. Anicia Xuliana, Constantinopla, 462, filla do augusto Anicio Olibrio, emperador de Occidente en 472.

Santos Xián de Antince (ca. †304), mártir e santo xunto á súa dona Basilisa. Festividade: 9 de xaneiro; Xián de Anazarbus (San Xián de Antioquía), mártir do século IV na relixión cristiá pola súa lealdade a Deus. Festividade: 16 de marzo; Xián de Cuenca ou de Burgos (†1208), bispo de Cuenca - Festividade: 28 de xaneiro; Xián de Toledo (c. 642-†690), arcebispo, fillo de xudeus - Festividade: 8 de marzo;

Nobres Conde Xulián, que foi acusado de traizón por ter facilitado a entrada dos musulmáns na Península Ibérica.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe latina Categoría:Nomes masculinos galegos