Raúl Soutelo Vázquez, nado en Amoeiro en 1968, é un profesor e historiador galego. Dá clase no IES Porto do Son. Traxectoria Doutor en Historia pola Universidade de Vigo, profesor de ensino secundario e de didáctica das ciencias sociais na Universidade de Santiago de Compostela. Está especializado en historia social contemporánea.

Obras Os intelectuais do agrarismo, Universidade de Vigo, 1999. De América para a casa, Consello da Cultura Galega, 2001. As cartas do destino, 2005 (con Xosé Manoel Núñez Seixas). As migracións nas sociedades contemporáneas: os desafíos na Galicia actual, coord., Edicións Sotelo Blanco. Emprendedores rexos en tempos duros. A integración dos galegos en Venezuela e no Brasil durante o século XX, Deputación de Ourense, 2016, en coautoría con María Xosé Vázquez Lojo. Emigración negocios e política na Galicia rural: Coles, 1887-1940, Deputación Provincial de Ourense, 2014. O Anxo de Monteasnal. Investigación e didáctica da represión franquista partindo da memoria oral dun home bravo que non se deixou cazar. Ir Indo, 2019.

Premios

Premio Manuel Murguía de Ensaio da Deputación da Coruña por As cartas do destino. Unha familia galega entre dous mundos, 1919-1971 (2002, con Xosé Manoel Núñez Seixas) Premio Xesús Ferro Couselo de Investigación por Labregas, emigradas, estraperlistas e represaliadas. Experiencias de vida e lembranzas de mulleres na Galicia rural (2005, Concello de Valga) Premio Xesús Ferro Couselo de Investigación por Emigración de retorno e dinámicas sociopolíticas locais na Galicia rural: unha microanálise dende Valga, 1890-1950 (2007, Concello de Valga)

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha na Editorial Galaxia Ficha de membros do Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Amoeiro Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes