Enterococcus faecalis é unha especie de bacterias grampositivas comensais, que viven no tracto dixestivo dos humanos e outros mamíferos e aves. Antes clasificábanse como parte do Grupo D dos Streptococcus, polo que antes de 1984 E. faecalis denominábase Streptococcus faecalis. Como outras especies do xénero Enterococcus, E. faecalis pode causar infeccións en humanos que poden chegar a ser mortais, especialmente no ambiente hospitalario (infección nosocomial), onde os altos niveis naturais de resistencia a antibióticos de E. faecalis contribúen á súa patoxenicidade. E. faecalis encóntrase con frecuencia en raíces de dentes que foron tratados odontoloxicamente entre o 30% e o 90% dos casos.Molander A, Reit C, Dahlen G, Kvist T: Microbiological status of root-filled teeth with apical periodontitis, Int Endod J 31:1, 1998Rocas, IN, Siquiera JF, Jr., Santos KR: Association of Enterococcus faecalis with different forms of periradicular diseases, J Endod 30:315, 2004.
O hábitat normal da especie é o tubo dixestivo de animais de sangue quente. Son indicadores de contaminación fecal, polo que a súa presenza nos alimentos indica en xeral falta de hixiene ou defectuosas condicións de conservación.
Fisioloxía
E. faecalis é unha bacteria inmóbil, anaerobia facultativa, que fermenta a glicosa sen producir gas, e é catalase negativa. Pode producir unha reacción de pseudocatalase feble se se cultiva en ágar sangue. Reduce o leite de tornasol, pero non licúa a xelatina. O seu crecemento en caldo nutriente é consistente con ser anaerobia facultativa. Cataboliza unha variedade de fontes de enerxía como carbohidratos, glicerol, lactato, malato, citrato, arxinina, agmatina, e moitos cetoácidos. Os enterococos sobreviven en ambientes moi hostís como a pHs extremadamente alcalinos (9,6) e altas concentracións de sal. Resiste aos sales biliares, deterxentes, metais pesados, etanol, azidas, e a desecamento. Pode crecer entre 10 e 45 °C e sobrevive durante 30 minutos a 60 °C. Como son moi resistentes a condicións adversas (conxelación, desecamento, tratamento térmico etc.) son bos indicadores para valorar as condicións hixiénicas e de conservación dos alimentos conxelados e desecados.
Patoxénese E. faecalis pode causar endocardite e bacteremia, infeccións do tracto urinario, meninxite, e outras infeccións en humanos. Pénsase que ten varios factores de virulencia que contribúen ás súas infeccións. Unha hemolisina codificada nun plásmido, chamada citolisina, é importante para a patoxénese en modelos animais, e a citolisina en combinación con altos niveis de resistencia á xentamicina está asociada con quintuplicar o risco de morte por bacteremia en humanos. Un factor chamado "substancia de agregación" codificado nun plásmido é tamén importante para a virulencia en modelos animais da infección.
Resistencia a antibióticos E. faecalis é resistente a moitos axentes antimicrobianos comúns (aminoglicósidos, aztreonam, cefalosporinas, clindamicina, as penicilinas semisintéticas nafcilina e oxacilina, e trimetoprim-sulfametoxazol)Tremblay CL, Letellier A, Quessy S, Boulianne M, Daignault D, Archambault M. Multiple-antibiotic resistance of Enterococcus faecalis and Enterococcus faecium from cecal contents in broiler chicken and turkey flocks slaughtered in Canada and plasmid colocalization of tetO and ermB genes. J Food Prot. 2011 Oct;74(10):1639-48. doi: 10.4315/0362-028X.JFP-10-451. PMID 22004810. . A resistencia á vancomicina estase facendo máis común. Opcións de tratamento para E. faecalis resistente á vancomicina son o linezolid e a daptomicina, aínda que é preferible a ampicilina en caso de que a bacteria sexa susceptible a ela. A quinupristina/dalfopristina poden utilizarse para tratar Enterococcus faecium pero non E. faecalis.
Notas
Categoría:Lactobacillales