Vilasumil (Villasumile en dialecto ancarés"El sangrante caso de Ancares (acerca de la falsificación y del expolio de la toponimia leonesa II)", entrada de blog. ou Villasumil oficialmente en castelán) é unha parroquia do concello leonés de Candín, na comarca do Bierzo. Segundo o INE en 2012 tiña 11 habitantesINE .. A parroquia sufriu do mesmo xeito que a zona un proceso de despoboamento. O proceso de perda de habitantes en Vilasumil veuse dando desde o século XVIII, cando segundo Miñano a localidade tiña 161 habitantes. Un século despois segundo o reconto de Madoz, tiña 130 habitantes. En 1920, no censo feito por Mourille, a aldea tiña 119 habitantesPoblación de Villasumil .. A caída da poboación deuse a partir das décadas de 1950 e 1960, coas emigracións, a bisbarra baleirouse dos habitantes máis novos. O avellantamento, a falta de perspectivas de futuro e o réxime de tenencia da terra e os usos do chan son explicacións para o despoboamento de Vilasumil e outros lugares da zona.

Lingua Vilamil pertence ao ámbito lingüístico galego-berciano e os seus habitantes falan un dialecto do galego chamado ancarésRicardo Carballo Calero, Gramática del gallego común, p.120..

Patrimonio Vilasumil atópase situado nos Ancares. A arquitectura do lugar é a tradicional dos Ancares, casa feitas en cachotaría e como elemento principal: a lousa. A parroquia ten unha pequena igrexa románica, que ten en fronte unha fonte arrodiada de castiñeiros, a cal é considerada como a que dá a auga máis fresca da zonaVillasumil na web do concello de Candín..

Existe un castiñeiro milenario coñecido como Catín situada en fronte da igrexa parroquial, e é a principal atracción turísticaVilasumil (León) , pueblos-espana.org.. Outro elemento salientable son as ruínas do antigo xerador eléctrico de Vilasumil, que permitiu á zona ter electricidade de fabricación propia moito antes cás demais parroquias da contorna. Existen tamén os restos da antiga fábrica de cera.

Festas e costumes Do mesmo xeito que no resto do Bierzo, en Vilasumil celébrase no outono o magosto, comendo castañas asadas acompañadas con bagazo e queimada. No inverno, tamén se celebra a matanza do porco durante o Nadal. Ademais, o 20 de marzo é a festa da Nosa Señora e o 25 de maio a festa de San Bernardo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Candín Serra dos Ancares O Bierzo

Categoría:Parroquias de Candín Categoría:Artigos sen imaxes