Antonio Platas Tasende, nado en Santiago de Compostela en 1939, é un avogado galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Platas Reinoso, un mestre represaliado despois da Guerra Civil e de Consuelo Tasende Fachal, unha practicante e comadroa,Una vida dedicada a la abogacía, ''La Opinión de A Coruña, 28/4/2013. criouse en Baio e licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a traballar como avogado ambulante en Baio en 1963 e na década dos setenta mudouse á Coruña, onde se estableceu profesionalmente. En 2010 foi elixido decano do Colexio Provincial de Avogados da Coruña.

É académico da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación desde 2012.

Foi elixido polos seus propios compañeiros Presidente do Consello da Avogacía Galega.

Galardóns Cruz de San Reimundo de Peñafort. Medalla de ouro da Irmandade Xurídica Galega en 2012."Antonio Platas Tasende, medalla de ouro da Irmandade Xurídica Galega", La Voz de Galicia, Carballo, 29-6-2012, p. L14.

Notas

Categoría:Avogados de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela