LBSAT, coñecido tamén como UPMSAT 1, foi un satélite artificial experimental español lanzado o 7 de xullo de 1995 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou.
Características LBSAT foi desenvolvido pola Universidade Politécnica de Madrid. Foi lanzado nun Ariane 4 xunto os satélites Cerise e Helios 1A. Ten forma de caixa de 530 x 450 x 450 mm e unha masa de 47 kg. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares de silicio e arseniuro de galio que recubrían os lados do satélite, producindo ata 30 vatios de potencia. O satélite levaba a bordo experimentos de dinámica de fluídos e comunicacións a través dun transmisor UHF a unha frecuencia de 200 kHz.
Notas
Categoría:Satélites artificiais de España Categoría:1995