O estilo é en botánica a parte alongada e estreita do pistilo dunha flor de anxiospermas. Trátase en realidade dun alongamento do ovario ao final do que aparece o estigma. O estilo non contén óvulos, ficando estes restrinxidos á rexión do xineceo chamada ovario.
O estilo nas anxiospermas pode ser sólido ou oco. Nas plantas con estilo oco o tecido de transmisión (por onde medran os tubos polínicos para efectuar a fecundación) está constituído por unha camada de células epidérmicas bastante diferenciadas que arrodean unha canle oca (a denominada canle estilar). Os tubos polínicos medran dende o estigma deica o ovario ao longo da superficie desa canle, normalmente a través dunha camada magra de mucilaxe. Nas plantas que posúen estilos sólidos, pola contra, as células epidérmicas áchanse intimamente fusionadas e non deixan espazo ningún entre si. Os tubos polínicos, neste caso, medran entre as células do tecido de transmisión (como no caso das petunias (Petunia), ) ou a través das paredes celulares (como en Gossypium, ). O tecido de transmisión nos estilos sólidos inclúe unha substancia intercelular que contén pectina, comparábel á mucilaxe que se atopa na canle estilar dos estilos ocos. Dende o punto de vista da distribución de ambos os dous tipos de estilos entre as diferentes familias de anxiospermas, os estilos sólidos considéranse típicos das eudicotiledóneas e son raros nas monocotiledóneas.
Nas apiáceas, a base do estilo está engrosada, é nectarífera e se denomina estilopodio.
miniatura|450px|Partes da flor onde se aprecia o estilo.|centro Notas
Véxase tamén Outros artigos Estigma (botánica)
Bibliografía
Gola, G., Negri, G. e Cappeletti, C. 1965. Tratado de Botánica. 2da. edición. Editorial Labor S.A., Barcelona, 1110 p. Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p.
Categoría:Morfoloxía vexetal Categoría:Flores Categoría:Termos botánicos