miniatura|275px|Airbus A319 de easyJet Switzerland no aeroporto de Santiago de Compostela EasyJet Switzerland SA é unha aeroliña de baixo custo baseada en Meyrin, Suíza que realiza voos operando como unha franquía de EasyJet dende os aeroportos de Xenebra e Basilea-Mulhouse-Friburgo.
A aeroliña fundouse o 18 de maio de 1988 como TEA Basel e iniciou as súas operacións o 23 de marzo de 1989 como parte do grupo TEA de aeroliñas, que realizaba voos chárter a varios destinos europeos. En marzo de 1998 EasyJet fíxose coa participación do 40% da compañía, e comezou os servizos de franquía o 1 de abril de 1999. No ano 2007 a aeroliña pasou a pertencer a investidores privados (51%), tendo easyJet o 49% das accións.
Frota En decembro de 2014 a frota de easyJet Switzerland estaba formada polos seguintes avións: + Frota de easyJet Switzerland<span style="color:white;">Avión<span style="color:white;">En servizo<span style="color:white;">Pedidos<span style="color:white;">PasaxeirosAirbus A319-10016—156Airbus A320-2009—180Total25—
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Suíza Categoría:Aeroliñas de baixo custo