Florentino é unha marca galega de sector téxtil e de complementos con sede en Lalín.

Historia A empresa foi fundada por Florentino Cacheda en 1970 en Lalín onde ten a súa sede nunhas instalación de 35.000 m² e 15.000 m² de centro loxístico. A empresa ten tendas propias en España e franquías no Reino Unido, Francia, Italia, Rusia, Filipinas, Exipto, Líbano e Corea. O 30 % da súa facturación é no estranxeiro. En 2013 iniciou a venda na súa páxina web.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de Florentino

Categoría:Empresas téxtiles de Galicia Categoría:Lalín