thumb|Flores thumb|Follas asimétricas e sámaras O olmo de montañaTermos esenciais de botánica, páx. 53, Universidade de Santiago de Compostela, 2004.Vocabulario forestal, páx. 126, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012, tamén coñecido como umeiro de montaña ou lamigueiroNon confundir coas árbores do xénero Populus, tamén chamadas no Dicionario da RAG lamigueiros ou chopos negros. (Ulmus glabra), é unha das especies do xénero Ulmus da familia das ulmáceas, típico das montañas de toda Europa. En Galicia hoxe é escaso, aparecendo algúns exemplares nas montañas orientais ou nas Fragas do Eume. Descrición É unha árbore grande co toro recto e que pode acadar os 40 metros de altura; a casca é máis fibrosa ca o do olmo mediterráneo (‘’Ulmus minor’’), tamén presente en Galicia. As follas son estipuladas simples, alternas e caedizas, serradas, moi asimétricas na base e longamente acuminadas que presenta frecuentemente un saínte a cada lado. As flores, inconspicuas, hermafroditas e apétalas, aparecen en grupiños de 10-20 antes que as follas, ou sexa a principios da primavera. Os froitos (sámaras) - que son un elemento importante para a determinación específica - teñen forma suborbicular cun tamaño duns 2,5 por 2 cm, ás de bordos lisos e semente en posición central.
Citoloxía 2n=28
Distribución Este olmo atópase dende a Península Ibérica até o Cáucaso, os Apeninos, o sur da Bretaña e Noruega. Na Península Ibérica medra entre os 1000 e os 1500 metros de altitude distribuíndose polo norte, especialmente nos Pireneos cataláns. Tamén aparece en Aragón, País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia. En Galicia non é moi común hoxe en día, aínda que se cre que o foi na antigüidade, antes da chegada da grafiose e das tallas indiscriminadas da Coroa Española na Idade Moderna no Reino de Galicia.
Subespecies e variedades Algúns botánicos, en particular LindquistLindquist, B. (1931). Two varieties of North West European Ulmus glabra. Bot. Exch. Club Rep. (1931) propuxeron dividir a especie en dúas subespecies: Ulmus glabra subsp. glabra. Na parte sur da área de distribución da especie. Follas anchas; árbores a miúdo cun toro curto e bifurcado e unha coroa baixa e ancha. Ulmus glabra subsp. montana (Stokes) Lindqvist. Na parte norte da área de distribución (Gran Bretaña setentrional, Escandinavia). Follas máis estreitas; árbores normalmente cun toro longo único e unha coroa alta e estreita. Porén, hai moita superposición entre as poboacións nestes trazos e a distinción pode deberse á influencia medioambiental, máis que a unha variación xenética; as subespecies non son aceptadas por, entre outros, Flora Europaea e Flora Ibérica.Flora Europaea: Ulmus glabra Preto de 40 cultivares téñense logrado aínda que moitas, ao menos 30, probabelmente se teñan perdido para o cultivo como consecuencia da grafiose e outros factores. Entre eles cómpre citar dous con pólas penduradas:"Olmo de montaña" en infojardín Ulmus glabra 'Camperdownii', coa copa en forma de antuca; Ulmus glabra 'Pendula', coa copa moi aberta e maior crecemento.
Sinónimos Ulmus campestris L. Ulmus campestris var. latifolia Aiton Ulmus glabra var. horizontalis (G.Kirchn.) Dippel Ulmus horizontalis Loudon nom. inval. Ulmus latifolia Moench Ulmus montana With. nom. illeg. Ulmus montana var. pendula Loudon Ulmus montana var. pendula-variegata Hartwig & Rümpler Ulmus podolica Klokov Ulmus scabra Mill. Ulmus scabra f.horizontalis (G.Kirchn.) Ulmus scabra f. pendula (Loudon) Dippel Ulmus sukaczevii Andrews
miniatura|250px|dereita|«Olmo de Camperdown», coas pólas penduradas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Olmos (xénero ‘’Ulmus’’) Olmo mediterráneo Bibliografía
Ligazóns externas Abondosa iconografía en Google
Categoría:Árbores de ribeira Categoría:Árbores de Galicia Categoría:Ulmus Categoría:Flora da Europa Atlántica