é unha serie xaponesa de manga e anime de Amako Soube. Pertence ao xénero de aventuras e acción (shonen).

En Galicia a serie foi estreada na tvG2 o 8 de marzo do 2013. Dobráronse ao galego 104 episodios nos estudios de SDI Media.

Sinopse Rántaro é o fillo dun ninja, o mesmo cós seus avós e tataravós. Seu pai, que pertence a unha familia de ninjas comúns, envía a Rántaro a unha escola especial para que se converta nun ninja de elite e lle dea honra á súa familia. Pero na escola, ademais de haber nenos, hai nenas e isto ha provocar situacións divertidas entre eles.

Unha vez iniciado o adestramento, Rántaro cae na conta do duras que son as ares ninjas. Os seus mestres hanse emperrar en que el e mais os seus dous mellores amigos, Ximbé e Kirimaru, poidan pasar todas as probas. Xuntos formarán o grupo dos ninjas landra. Ademais, as rapazas landra kunoichi aportarán moitas tramas e diversión na escola.

Isto e moitos inimigos que tentarán botar a escola abaixo crearán as tramas da serie.

Episodios Esta é unha listaxe dos episodios da serie Rántaro, o ninja pequeno, segundo a numeración establecida na tvG2, que nalgúns casos se corresponde coa orixinal xaponesa. Dobráronse e emitiranse un total de 104 episodios.

# Título Data de emisión en Galicia Data de emisión no Xapón

Dobraxe Estudio: Soundub (Santiago de Compostela). Data: 2012-2013. Dirección: Xoán Carballido. Tradución: Elenco da dobraxe: Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal(Seiyū) Rántaro Inadera Antía Jiménez Minami Takayama Ximbé Fukutomi Ana Santos Teiju Ichiryusai Kirimaru Settsuno Daniel Lema Mayumi Tanaka Kisanta Yamamura Kotono Mitsuishi Yuki Mariko Koda Shige Ookawa Alfonso Agra Akiko Muta Tomomi Hiroko Emori Yamada Denzo Xoán Carballido ? Doi Hansuke Norberto Vilanova Toshihiko Seki

Música Para interpretar os diferentes temas do anime os responsábeis da serie levan contratando desde os seus inicios a diferentes grupos de pop xaponés moi aclamados no seu país. Este é o tema de apertura e peche que se emitiu na versión galega, que se corresponde coa primeira apertura da versión xaponesa,Debido ás restricións do copyright e a incompatibilidade coa licenza da Wikipedia só se presenta, como cita, o comezo do texto de cada canción. e os capítulos nos que soa:

1. "Yuuki 100%" de Hikaru Genji. (Eps. 1-104). "Estás triste, pero antes sorriches. Todo pode cambiar. A esperanza vive no teu corazón. Incluso a podes tocar ..."

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Debuxos animados Categoría:Manga Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Series de televisión do Xapón Categoría:Anime con versión galega Categoría:Xabarín Club