Willy Rizzo, nado en Nápoles o 22 de outubro de 1928 e finado en París o 25 de febreiro de 2013, foi un fotógrafo coñecido polos seus retratos de famosos e a a súa vinculación co Festival de Cannes.
Traxectoria Se ben naceu en Italia, nos anos 30 trasladouse coa súa nai a Francia. Cara ao final da segunda guerra mundial, viaxou a Tunisia como reporteiro de guerra, e despois da mesma cubriu os Xuízos de Nuremberg.
Reconvertido en fotógrafo de famosos, a fama viulle pola súa cobertura de décadas do Festival de Cannes, xa desde a súa primeira edición no 1946. Centrado en retratos de famosos, especialmente actores, chegou a facer amizade con varios, e mesmo actuou nunha película do seu amigo Jack Nicholson.
O autor de cómics Hergé inspirouse nel para crear o personaxe de Walter Rizotto, o paparazzi que sae no cómic de As aventuras de Tintín, As xoias da Castafiore.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Fotógrafos de Italia Categoría:Nados en Nápoles Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados en 1928