miniatura|dereita|350px|Pión de altura miniatura|dereita|350px|Área de distribución O pión de altura (Argentina sphyraena, Linnaeus 1758) é un peixe mariño da familia Argentínidos (Argentinidae), da orde Osmeriformes.

Morfoloxía Corpo alongado, cos ollos grandes, boca pequena, que non alcanza a marxe anterior do ollo. Escamas grandes e cicloides.

A lonxitude máxima rexistrada é de 35 cm aínda que o talle usual rolda os 20 cm de lonxitude. A cor do lombo é verde clara a verde oliva, cunha banda prateada brillante; o ventre prateado.

Dúas aletas dorsais: a primeira curta e alta e situada no centro do corpo, ó nivel das aletas pelvianas, con 10-12 radios brandos, e a segunda pequeneira e adiposa. A aleta anal con 12-13 radios, o último dobre.

Hábitat e bioloxía Distribúese entre os 70º Norte e os 25º Norte, pola costa europea do océano Atlántico e metade occidental do mar Mediterráneo.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en World Register of Marine Species Ficha en Fish Base

Categoría:Osmeriformes