Die ägyptische Helena (en galego A Helena exipcia) é unha ópera en dous actos con música de Richard Strauss e libreto en alemán de Hugo von Hofmannsthal, sendo a quinta e penúltima colaboración do libretista austríaco e compositor alemán. A súa estrea tivo lugar na Semperoper de Dresden o 6 de xuño de 1928 baixo a dirección de Fritz Busch.

Libreto A ópera está baseada na lenda grega de Helena de Troia e o seu legado, o conflito épico de dez anos coñecido como a Guerra de Troia. Helena foi "a cara que activou a mil navíos". A súa lendaria beleza e a contenda entre o seu marido grego e o seu amante troiano levaron as dúas nacións a combateren amargamente durante máis dunha década. A pesar de non haber unha única fonte dominante sobre os acontecementos da Guerra de Troia, hai aínda menos sobre que pasou con Helena e Menelao, logo de que a parella marchase de Troia. Esta ópera de Strauss e Hofmannsthal é unha de tantas versións.

Traxectoria Como inspiración para a historia, Hofmannsthal empregou fontes como Eurípides e Estesícoro. Estreouse o 6 de xuño de 1928 na Semperoper de Dresden, sendo Fritz Busch o director da orquestra. Strauss escribira o papel titular pensando en Maria Jeritza mais, creando bastante sensación na época, a administración da ópera de Dresden rexeitou pagar os enormes honorarios de Jeritza e no seu lugar seleccionou a Elisabeth Rethberg como Helena de Troia.Robert Baxter, "Die ägyptische Helena. Richard Strauss" (crítica da gravación). The Opera Quarterly, 18(4), 643-647 (2002). Jeritza ao final interpretou a obra en Viena e Nova York.

Strauss fixo trocos na ópera en 1933, cinco anos despois da estrea, traballando con Lothar Wallenstein e o director Clemens Krauss.Roger Pines, "Die ägyptische Helena. Richard Strauss" (crítica da gravación). The Opera Quarterly, 7(4), 195-197 (1990).Roland Graeme, "Die ägyptische Helena: Original version (1928)." The Opera Quarterly, 15, 540-544 (1999). Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con tan só 3 representacións no período 2005-10.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 6 de xuño de 1928(Director: Fritz Busch)Helena, muller de Menelas.sopranoElisabeth RethbergMenelas.tenorCurt TaucherHermione, súa filla.sopranoAnneliese PetrichAithra, a filla do rei exipcio: unha feiticeira.sopranoMaria RajdlAltair.barítonoFriedrich PlaschkeDa-Ud, seu fillo.tenorGuglielmo FazziniDous serventes de Aithra.soprano,mezzosopranoErna Berger, Sigrid RothermelCatro elfos.dúas sopranos, dúas contraltosAngela Kolniak, Eva Johnn, Elfriede Haberkorn, Sigrid RothermelDie allwissende Muschel, a omnisciente cuncha mariña.contraltoHelene Jung

Argumento Acto I O pasado mitolóxico

No seu pazo insular, a feiticeira Aithra espera en van o regreso de Poseidón. A cuncha mariña omnisciente dille que aínda que Poseidón está lonxe, permanece firmemente namorado dela. A cuncha fala entón dun barco no que a muller máis fermosa do mundo, Helena de Troia, está a piques de ser asasinada polo seu home, Menelas. Para salvar a muller, Aithra conxura unha treboada instantánea para facer naufragar os pasaxeiros, que axiña chegan á beira e aparecen no pazo. Helena estivera tratando de salvar o seu matrimonio, mais Menelas non pode perdoala pola súa traizón con Paris a comezos da Guerra de Troia. Amargamente, impediu á súa filla, Hermione, coñeza a súa propia nai. En terra, Menelas novamente planea acoitelar a súa dona, pero a visión da súa beleza á luz da lúa fai que dubide. Para asegurarse de que el non a mate, Aithra invoca os elfos para o atormentaren, facéndolle crer que o seu rival Paris está presente, e el apresúrase a enfrontarse co seu espectro. Daquela, a maxia de Aithra axuda a Helena a recuperar a súa beleza xuvenil orixinal e unha bebida de loto fai desaparecer a súa ansiedade. As serventas lévana a outra habitación.

Mentres Menelas regresa, alporizándose por ter sido sorprendido, Aithra dálle unha bebida calmante. Ao escoitar as súas emocións cara á súa dona, a feiticeira tenta dicirlle que nove anos antes, cando el perdera a Helena en favor de Paris, os deuses realmente empregaron un truco para enganar a Paris e a auténtica Helena estaba agochada no castelo do pai de Aithra nas abas do Atlas. Alí permanece ela, adormecida, agardando que o seu esposo a despertar; a muller na habitación próxima é a falsa. Aithra roga para transportar a Menelas con maxia ao castelo. Sorprendido e dubidando, réndese devagar á idea de que a Helena orixinal lle será devolta. Nun pavillón ao pé da montaña, os dous poden reunirse. Aithra suxire que beba a poción de loto para manter afastados os recordos perturbadores.

Acto II No pavillón, Helena acorda e saúda a segunda noite de vodas da parella ("Zweite Brautnacht"). Menelas, espertándose tamén, aínda desconfía dos seus sentidos. A súa muller tenta suavizalo con máis bebida de loto, pero el colle a súa espada, que revive os seus recordos. É esta muller real ou unha ilusión? Xinetes do deserto aparecen, e Altair, príncipe das montañas, inclínase fronte a Helena, ofrecendo agasallos; o seu fillo Da-ud únese gabando a súa beleza. A escena lémbralle a Menelas unha celebración troiana en honor de Helena, mais tenta ocultar os seus celos cando Altair e Da-ud o invitan a unirse a unha partida de caza. Despedíndose de Helena, e aínda inseguro da súa identidade, marcha a cazar. Aithra aparece como unha das serventas e advirte a Helena de que un dos viais que empaquetou contén unha poción do esquecemento, pero a outra ten unha poción de recordos. Contra a forte advertencia de Aithra, Helena declara que as súas lembranzas serán necesarias para salvaren o seu matrimonio; a fantasía de volver a un pasado impoluto non é unha.

A un sinal de Helena, as doncelas retíranse cando Altair regresa, cortexándoa abertamente e convidándoa a un banquete no seu honor. Mesmo cando chega a nova de que Menelas matou a Da-ud durante a caza, Altair segue co seu cortexo. Marcha, no entanto, cando traen o corpo do mozo, seguido por Menelas, quen permanece confundido, crendo que é a Paris a quen matou. Após desafiar o consello de Aithra, Helena ordena a poción de recolección preparada mentres o tempo da festa se acerca. Menelas imaxina agora que a verdadeira Helena morreu, e decide unirse a ela na morte; a Helena que está perante el seguramente sexa o espectro. Cando el colle o que cre que é a poción da morte, ve a morta Helena como a que está viva: as dúas están unidas. Altair e ás súas cohortes collen e separan a parella, mais Aithra revela unha falanxe dos soldados de Poseidón, quen están escoltando a nena Hermione. Recoñecendo a Aithra a feiticeira, Altair cede ante o seu poder. Hermione, reunida ao fin con seus pais, irá a casa con eles para comezaren a súa vida xuntos.

Orquestración Aínda que non é tan densa e magmática como a orquestración Elektra e Salomé, é aínda importante, requirindo de:

4 frautas (3ª e 4ª dobran con piccolo), 2 óboes, corno inglés, 3 clarinetes, clarinete baixo, 3 fagots (3ª dobra con contrafagot) 6 trompas, 6 trompetas, 3 trombóns, tuba Timbais, bombo, tamtam, caixa, platillos, glockenspiel Celesta, órgano Archi (16.14.10.10.8), 2 arpass

Músicos en escena:

6 óboes, 6 clarinetes, 4 trompas, 2 trompetas, 4 trombóns, timbais, 4 ferriños, 2 pandeiretas, máquina de vento

Gravacións AnoElenco (Helena,Menelaus,Aithra,Altair) Director,Teatro de ópera e orquestraSeloGravacións de Die ägyptische Helena en operadis-opera-discography.org.uk1956Leonie Rysanek,Bernd Aldenhoff,Annelies Kupper,Hermann UhdeJoseph Keilberth,Orquestra e Coro da Ópera Estatal de Viena CD de son: Opera d'OroCat: OPD 1381 1970Gwyneth Jones,Jess Thomas,Mimi Coertse,Peter GlossopJosef KripsWiener Philharmoniker e Coro da Ópera Estatal de Viena(Gravado nunha representación na Ópera Estatal de Viena o 5 de decembro)CD de son: RCA Cat: 74321 69429-2 1979Gwyneth Jones, Matti Kastu,Barbara Hendricks,Willard WhiteAntal Dorati, Detroit Symphony Orchestra e Kenneth Jewell ChoraleCD de son: Decca (Londres)Cat: 430 381-2 2001Vitalija Blinstrubyte,Stephen O'Mara,Giulia Mattana,Johannes von DuisburgGérard Korsten,Orquestra e Coro de Teatro Lirico di CagliariCD de son: DynanmicCat: CDS 374/1-22002Deborah Voigt,Carl Tanner,Celena Shafer,Christopher RobertsonLeon Botstein, American Symphony Orchestra e New York Concert Chorale(Gravación dunha versión de concerto no Avery Fisher Hall o 6 de outubro) CD de son: TelarcCat: CD 80605

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4

Ligazóns externas Gravacións de son: Prinzregententheater, München 1956 - Joseph Keilberth1. Akt 2. AktHelena: Leonie Rysanek, Menelas: Bernd Aldenhoff, Aithra: Annelies Kupper, Altair: Hermann Uhde, Da-ud: Richard Holm, Die allwissende Muschel: Ira Malaniuk

Categoría:Óperas de Richard Strauss Categoría:Óperas en alemán Categoría:Óperas de 1928 Categoría:Óperas estreadas en Dresde