Paula Echevarría Colodrón, nada en Candás (Carreño) o 7 de agosto de 1977, é unha actriz e modelo asturiana.
Traxectoria Os seus inicios na pequena pantalla danse en series tan populares como Al salir de clase, Policías, Compañeros ou London Street. Con todo, o papel que a deu a coñecer foi o de Clara Osma na serie de Telecinco, El Comisario, unha serie de gran popularidade e audiencia. Echevarría participou nesta serie durante tres anos, desde 2004. A actriz foi tamén unha das reporteiras do programa Emisión Imposible, emitido durante o verán do 2000 en Telecinco.
A súa fama incrementouse trala súa relación co famoso cantante español David Bustamante, con quen casou o 22 de xullo de 2006 na Basílica de Santa María a Real de Covadonga en Asturias, terra natal da actriz.
No cine traballou en películas como El chocolate del loro, de Ernesto Martín, Carmen de Vicente Aranda ou Rojo intenso de Javier Elorrieta. Tamén protagoniza Luz de domingo (2007) e Sangre de mayo (2008), ambas de José Luís Garci. As dúas películas obtiveron numerosas candidaturas aos Premios Goya da Academia de Cine de España.
No plano persoal, o 17 de agosto de 2008 Paula e o seu marido David Bustamante foron pais dunha pequena chamada Daniella.
Paula Echevarría é na actualidade unha das protagonistas da exitosa serie Gran Reserva, unha das principais apostas de ficción de Televisión Española. Nela, Echevarría ten un papel principal, o de Lucía Reverte, e coincide con Ángela Molina e Emilio Gutiérrez Caba.
Paula compaxina o seu labor de actriz coa de presentadora de galas e imaxe de varias marcas publicitarias como Blanco, Pantene Style, Decleor, Vitalinea ou Nintendo e firmas internacionais como Intimissimi, North Sails ou Double Agent. Ademais, leva a cabo un exitoso blog de moda enmarcado dentro da web da revista Elle chamado "Tras la pista de Paula".Blog oficial de Paula Echevarría
No outono de 2012 a actriz estrea o seu primeiro filme de terror psicolóxico, Vulnerables do director Miguel Cruz.
Dende 2013 protagoniza a serie de Antena 3 Velvet xunto a Miguel Ángel Silvestre.
Filmografía Ano Película Director Personaxe 2002 Peor imposible, ¿qué puede fallar? José Semprún 2002 Machín, toda una vida Nuria Villazán 2003 Carmen Vicente Aranda Marisol 2004 El chocolate del loro Ernesto Martín Patricia 2005 Las locuras de Don Quijote Rafael Alcázar Altisidora 2006 Rojo intenso Javier Elorrieta Ana 2007 Luz de domingo José Luis Garci Estrella 2008 Sangre de mayo José Luis Garci Inés 2012 Vulnerables Miguel Cruz Carla
Televisión Ano Serie Personaxe 2000 Emisión Imposible Reporteira 2000 7 vidas Rocío 2000 Compañeros - 2001 Mi teniente - 2001 Policías Eva 2001 Al salir de clase Berta 2003 London Street Nuria 2003 - 2007 El comisario Clara Osma 2010 - presente Gran Reserva Lucía Reverte 2013- Velvet Ana
Teatro Ano Obra Director Personaxe 2002 Diez negritos Ricard Reguant Vera Claythorne
Outros Ano Obra Director Personaxe Notas 2010 A contracorriente Micropunto Films Ela mesma Videoclip de David Bustamante 2011 El bizcocho Lola Guerrero - Curtametraxe
Premios e candidaturas 2008 Premio Muller Cosmopolitan "Fun Fearless Female" á Mellor actriz de cine por "Sangre de mayo".
2010 Candidata aos Premios Zapping á Mellor actriz por "Gran Reserva". Candidata aos Premios ATV á Mellor actriz de serie por "Gran Reserva".
2011 Premio Pétalo Cosmopolitan Televisión á Muller do ano
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial de Paula Echevarría Blog de ELLE
Categoría:Actores de televisión Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Nados en Carreño Categoría:Nados en 1977 Categoría:Modelos femininas de España