300px|miniatura|Daiqiri Daiquiri é unha familia de cócteles cuxos ingredientes principais son ron, zume de limón e azucre ou outro edulcorante.
O Daiquirí é unha das seis bebidas básicas indicadas no clásico de David A. Embury A arte de mesturar bebidas. No libro, tamén suxire algunhas variacións.
Un cóctel similar moi popular no Brasil é a Caipiriña, que inclúe cachaça.
Receita
3/4 ron branco 1/4 zume de limón 1 culleradiña de azucre glasé.
Preparar en cocteleira con xeo triturado. Axitar vigorosamente, coar, e servir en vaso de cóctel moi
frío.
Orixes O nome de Daiquirí é o nome dunha praia preto de Santiago de Cuba e dunha mina de ferro nesa zona, é unha palabra de orixe taína. O daiquiri foi inventado por un enxeñeiro de minas norteamericano, chamado Jennings Cox, quen se atopaba en Cuba na época da Guerra Española-Americana.
Orixinalmente a bebida servíase nun vaso alto cheo de xeo picado. Unha culleradiña de azucre vertíase sobre o xeo e o zume dunha ou dous limas era espremido sobre o azucre, seis ou nove centilitros de ron branco finalizaban a mestura. O vaso era entón arrefriado axitando unha culler de mango longo. Máis tarde, o daiquiri evolucionou para ser mesturado nunha cocteleira cos mesmos ingredientes pero con xeo picado. Logo dunha axitación vigorosa, vértese nun vaso frauta refrixerado.
O consumo da bebida estivo localizado ata 1909, cando o almirante Lucius W. Johnson, un oficial médico da armada americana, probou a bebida de Cox. Johnson posteriormente introduciuna no 'Army and Navy Club' en Washington, D.C., e os bebedores de daiquiri aumentaron nunhas poucas décadas.
Variacións Daiquirí Floridita - con licor marrasquino, creado por Constantino Ribalaigua Vert en 'El Floridita'. Daiquirí Hemingway ou Papa Dobre - dous medidas e media de ron branco, zume de dous limóns e medio pomelo, seis pingas de licor marrasquino, sen azucre, que se serve conxelado.http://stockpress.de/2011/02/19/hemingway-trinkt-acht-daiquiris-in-el-floridita/ Hemingway's Daiquirí - article in German Banana Daiquiri, daiquiri coa metade dun plátano. Strawberry daiquiri - normal con fresa engadida.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas Digital Images regarding Jennings Cox including an original daiquiri recipe from the Carmen Puig Collection held by the Cuban Heritage Collection of the University of Miami Libraries
Categoría:Cóctel