Charleston Big Band é unha das orquestras de variedades máis importantes de Galicia, xunto a outras como París de Noia, Panorama ou Los Satélites.

Foi fundada no ano 1984 por un grupo de amigos integrantes da Banda de Música Municipal de Padrón que decidiron adicarse á música profesionalmente. En 2013 estaba formada por catorce músicos, un técnico de son, un técnico de iluminación e un equipo de montaxe e transporte.

Desenvolven a súa actividade por verbenas, salas de festas, sociedades culturais e televisión, entre outros. Contan para actuar nas verbenas cun dos escenarios móbiles máis grandes da Península Ibérica e unha gran despregadura de luz e son.

Compoñentes 2019

Rita Barreiro (voz) Juanma Noya alias Takito (voz) Lucía Rivada (voz) José Ángel Albán (voz) José Antonio Santana (voz) Jesús Lapido (voz e percusión) Juan Carlos Méndez (saxos) Suso Aboy (guitarras) Paco Floriani (baixo) Adrián Aragunde (batería) Ángel Martínez (teclados) Juan Carlos Torres (saxos, frautas) Marcos (trompeta) Lázaro Daniel Cardoso (trompeta)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da orquestra Páxina de tódalas orquestras e festas

Categoría:Grupos musicais de Galicia