Aleix Saló Braut é un debuxante e creador de curtas catalán, nado en Ripollet (provincia de Barcelona) o 30 de xaneiro de 1983.
Biografía Aleix Saló comezou moi novo, xa no ano 2000, a publicar as súas viñetas en diferentes medios locais, abandonando os seus estudos de arquitectura para intentar adicarse en exclusiva a ese labor. Porén, debido a súa situación económica tivo que compatibilizala traballando de camareiro no foyer do Liceu.Merino, Olga (12/06/2011). Un cómic mordaz sobre la crisis arrasa en internet, "El Periódico de Catalunya".
No 2008 traballou en El Jueves, e Glénat España editou o seu primeiro libro, Fills dels 80: La generació Bombolla.Serrano, José A. (05/2010). Aleix Saló , "La guía del cómic", 2010. Para a súa seguinte obra, producida durante un ano e publicada en abril de 2011 co título de Españistán: Este país se va a la mierda, adicouse a ler os suplementos económicos dos diarios para documentarse. A obra pasou sen pena nin gloria ata que o mes seguinte, Saló colgou en Internet unha curtametraxe de animación titulada Españistán, de la burbuja inmobiliaria a la crisis, que consumiu os seus aforros de dous anos, pero outorgoulle unha gran popularidade. Avalado polo éxito, a editorial xeneralista Random House Mondadori publicou Simiocracia en 2012.
De cara ó futuro, Aleix Saló pensa dar o salto a Europa e centrar a súa próxima obra na UE. Así, o adiantou no programa La Nit en Blanc de ABC Punto Radio Catalunya.Aleix Saló dará el salto a Europa y centrará su próximo trabajo en la UE, abc.es
Obra DataTítuloPublicación2009Fills dels 80: La generació bombollaGlénat España04/2011Españistán: Este país se va a la mierdaGlénat España12/04/2012Simiocracia: Crónica de la Gran Resaca EconómicaRandom House Mondadori04/2013Euro Pesadilla: Alguien se ha comido a la clase mediaRandom House Mondadori
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Aleix Saló por José A. Serrano, "La guía del cómic", 2010.
Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Ripollet