O Festival Internacional de Títeres de Redondela-Memorial Juanjo Amoedo é un festival cultural de arte, música e monicreques que se celebra no concello pontevedrés de Redondela dende o ano 2000. Está organizado pola Asociación Xente Titiriteira e conta co apoio do Concello de Redondela. Ao festival acoden compañías teatrais de diversos países do mundo, realizando espectáculos de monicreques de grande e pequeno formato ademais de teatro, música e audiovisual tanto no auditorio do Multiúsos da Xunqueira coma nas rúas e parques da vila.

Historia Malia que a primeira edición do festival foi no 2000, a finais dos 90 xa se tiveran feito varias xestións para a realización dun festival en Redondela que tivese coma protagonista os monicreques. Un dos seus principais creadores foi Juanjo Amoedo, que por aquel entón era o presidente da Asociación de Veciños de Redondela. Porén, Juanjo Amoedo nunca puido ver rematado o proxecto ao falecer nun accidente doméstico. Meses despois, varios colectivos redondeláns continuaron o proxecto, e tras a creación da asociación Xente Titiriteira, no 2000 celebrouse a primeira edición do festival. O nome do festival foi escollido, así, coma xeito de conmemorar e recoñecer a Juanjo Amoedo no seu labor na creación do festival. Na edición do ano 2014, ademais, foi proxectado un documental sobre a vida de Juanjo Amoedo e a súa contribución ao festival.

Descrición O evento, organizado pola Asociación Xente Titiriteira e pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela, celébrase a finais do mes de Maio nas prazas e parques do centro da vila e no Multiúsos da Xunqueira. Dende a súa primeira edición, contaron coa presenza de compañías de Alemaña, Arxentina, Bélxica, Brasil, Bulgaria, Francia, Italia, México, Portugal, Reino Unido ou Rusia, entre moitos outros."El Festival de Títeres lleva a Redondela espectáculos de quince compañías " Faro de Vigo 8/4/2012 . Na edición do 2011 superáronse os 30.000 asistentesXente titiriteira.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Monicreque Ligazóns externas Páxina web do festival

Blog dos organizadores Festival Internacional de Títeres en Redondela TV, edición 2012.

Categoría:Festas de Redondela Categoría:Teatro en Galicia