Santa Fe é un concello español da provincia de Granada. Está situada na parte centro-oeste da comarca da Vega de Granada, e é unha das cincuenta e unha entidades que compoñen a Área Metropolitana de Granada. Limita cos municipios de Fuente Vaqueros, Pinos Puente, Atarfe, Granada, Vegas del Genil, Las Gabias, Chimeneas e Chauchina. Outras localidades próximas son Belicena, Bobadilla, Cijuela e Láchar.

O concello santaferino está formado polos núcleos de Santa Fe, El Jau e a maior parte de Pedro Ruiz, situado entre o límite municipal de Santa Fe e o de Fuente Vaqueros. Este municipio é capital de partido xudicial, así como da subcomarca da Vega Baja de Granada.

Demografía Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 15.269 habitantes.

Evolución demográfica de Santa Fe 2000 2001 2002 2003 2004 2005 200612.73012.81213.01513.47613.80314.30114.599

Cidades irmandadas Ambato (1990) Baiona Briviesca (1998) Guanajuato (1997) Magdalena del Mar (1986) Ocotal (1987) Palos de la Frontera (1982) San Miguel de Allende (1985) Santa Cruz de Guanacaste (1988) Santa Fe (1981) Santa Fe, Cuba (1984) Santa Fe (1983) Bogotá (1982) Santa Fe de Sorte (1989) Valparaíso (1991) Vire (1988)

Véxase tamén Outros artigos Capitulacións de Santa Fe Pionono

Ligazóns externas

Páxina web do Excmo. Ayuntamiento de Santa Fe Arquivo Municipal de Santa Fe Microweb turística de Santa Fe realizada polo Padroado de Turismo de Granada.

Categoría:Concellos da provincia de Granada