O Élan sportif chalonnais, máis coñecido como Élan Chalon, é un equipo profesional de baloncesto de Francia da cidade de Chalon-sur-Saône. O equipo disputa os seus partidos como local no Le Colisée. Actualmente compite na Ligue Nationale de Basketball Pro A, a máxima categoría do baloncesto francés.

Historia O equipo foi fundado orixinalmente en 1955, após a fusión do Association Sportive Chalonnaise e o Élan de Saint-Jean des Vignes. En 1970, fusionouse tamén co equipo de fútbol Bourgneuf Val d'Or Mercurey. En 1994, converteuse en equipo profesional. O seu primeiro grande éxito chegou na temporada 2011−12 cando conseguen gañar o título de Liga. O equipo finalizara a liga en segunda posición tras o Gravelines-Dunkerque, cun balance de 23 vitorias e 7 derrotas (o Gravelines finalizara con tan só tres derrotas). Nos play-offs polo título eliminaron na primeira fase ao Chorale Roanne, mentres que o Gravelines caía ante o Cholet, oitavo clasificado en liga regular. En semifinais conseguiron vencer ao Orléans Loiret, agardando na final o Le Mans, que en Liga acabara en cuarto lugar. Na final, que se disputaba a partido único, o Chalon consegue vencer por 95−76 no Pavillón de Paris-Bercy. Neste partido destacou a actuación de Billy Ouattara e Clint Capela, con 24 e 22 puntos respectivamente. O título de Liga permitiu ao equipo debutar na Euroliga na temporada 2012–13, aínda que foron eliminados na liga regular con 3 vitorias por 7 derrotas. En 2016 o equipo chegou á Final Four da FIBA Europe Cup, a cal foi celebrada en Le Colisée de Chalon, con todo, o equipo acaba en terceiro lugar. En 2017 o equipo repite éxito, chegando ademais esta vez á final, con todo perden ante o Nanterre 92. En liga a situación sería moito mellor e o equipo consegue gañar o seu segundo título após vencer ao SIG Strasbourg por 3–2 nas finais.

Ano a ano AnoNivelLigaCopaLeaders CupCompeticións europeas2006–071 Pro A3º Cuartos de final Cuartos de final2007–081 Pro A9º Rolda de 16 2 ULEB Cup 2008–091 Pro A7º Rolda de 16 2009–101 Pro A12º Cuartos de final 3 EuroChallenge 2010–111 Pro A5ºCampiónSubcampión2011–121 Pro A2ºCampiónCampión 3 EuroChallenge 2º2012–131 Pro A4º Rolda de 32 Cuartos de final 1 Euroliga 2013–141 Pro A8º Rolda de 32 2 Eurocup 2014–151 Pro A8º Oitavos de final 2015–161 Pro A 5º Oitavos de final Subcampión3 FIBA Europe Cup 3º2016–171 Pro A 2º Semifinais Cuartos de final4 FIBA Europe Cup 2017–181 Pro A 12º Oitavos de final 3 Championns League

Xogadores Destacados

David Michineau Mamoutou Diarra Stéphane Ostrowski Steed Tchicamboud Ilian Evtimov Clint Capela Thabo Sefolosha Rimas Kurtinaitis Slobodan Šljivančanin Daniel Lee Zaza Enden Uri Cohen-Mintz A.J. Slaughter Alade Aminu Jérémy Nzeulie Garth Joseph Trevor Harvey Rowan Barrett John Best Keith Gatlin Udonis Haslem Will McDonald Tracy Murray Charles Pittman Malcolm Delaney Blake Schilb Marcus Denmon Shelden Williams Shawnta Rogers Devin Booker

Títulos Liga de Francia Campións (2): 2012, 2017 Copa de Francia Campións (2): 2011, 2012 Semaine des As Campións (1): 2012 Subcampións (2): 2011, 2016

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Datos do club en Euroleague.net Datos do club en Eurobasket.com

Categoría:Equipos de baloncesto de Francia