Austin James Rivers, nado o 1 de agosto de 1992 en Santa Monica (California), é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. É fillo de Doc Rivers, ex xogador e actual adestrador da NBA.

Traxectoria profesional Rivers foi seleccionado na 10ª posición do Draft da NBA de 2012 polos New Orleans Hornets. Escolleu o número 25, o mesmo que levou o seu pai cando xogaba na NBA. O 24 de xullo de 2012, Rivers asinou un contrato de 3 anos cos Hornets.

O 12 de xaneiro de 2015, Rivers foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Celtics, os Pelicans e os Memphis Grizzlies.Boston Celtics Complete Three-Team Trade Tres días máis tarde, foi traspasado ós Los Angeles Clippers, equipo adestrado polo seu pai Doc Rivers, nun traspaso entre Celtics, Clippers e Phoenix Suns.LOS ANGELES CLIPPERS ACQUIRE AUSTIN RIVERS IN THREE-TEAM TRADE O 16 de xaneiro de 2015, Rivers fixo o seu debut cos Clippers, e converteuse no primeiro xogador na historia da NBA en xogar para o seu pai.

O 26 de xuño de 2018, Rivers foi traspasado ós Washington Wizards a cambio de Marcin Gortat. O 17 de decembro de 2018, os Wizards traspasaron a Rivers xunto a Kelly Oubre Jr. ós Phoenix Suns a cambio de Trevor Ariza. Ó día seguinte, Rivers foi cortado polos Suns.

O 24 de decembro de 2018, Rivers asinou cos Houston Rockets.

O 27 de novembro de 2020, Rivers asinou cos New York Knicks.

O 25 de marzo de 2021, Rivers foi traspasado ós Oklahoma City Thunder nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Philadelphia 76ers, e foi cortado tres días máis tarde.

O 20 de abril de 2021, Rivers asinou cos Denver Nuggets un contrato de dez días. Dez días máis tarde, asinou cos Nuggets para o resto da tempada. O 1 de setembro de 2021, Rivers renovou o seu contrato cos Nuggets.

O 14 de xullo de 2022, Rivers asinou un contrato dun ano cos Minnesota Timberwolves.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com Biografía en Duke

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Santa Monica Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves