O edema ou hídrops refírese a unha acumulación anormal de líquido no compartimento extracelular intersticial ou nas cavidades corporais por mor do aumento da presión hidrostática, diminución da presión coloidosmótica, aumento da permeabilidade vascular (inflamación) e diminución da drenaxe linfática. Está constituído dunha solución acuosa de sales e proteínas do plasma e a súa composición varía conforme a causa do edema. Cando o líquido se acumula no corpo enteiro denomínase edema xeneralizado ou anasarca. O edema na cavidade abdominal denomínase ascite.
Causas thumb|Edema na perna causado por problemas vasculares.
Seis factores poden contribuír á formación do edema:
Aumento de presión hidrostática; Redución da presión oncótica (presión por osmose xerada polas proteínas do plasma) dentro dos vasos sanguíneos; Aumento da presión oncótica) nos tecidos; Aumento da permeabilidade da parede do vaso sanguíneo (por exemplo durante unha inflamación); Obstrución da recollida de fluídos polo sistema linfático; Mudanzas na auga de retención dos tecidos propiamente ditos; Retención de auga e sodio polo ril.
Doenzas Pode ser causado, entre outros motivos, por doenzas: Cardíacas como a insuficiencia cardíaca; Hepáticas como a cirrose; Circulatorias como hipovolemia; Linfáticas como obstrución do fluxo do sistema linfático; Urinarias como insuficiencia renal; Endócrinas como hipotiroidismo ou; Sistémicas como desnutrición proteica grave.
Drogas Poden ser causados por algúns tipos de: Antidepresivos Antihipertensivos Esteroides Diuréticos Laxantes
Outras Existen aínda outras causasEdema en MedlinePlus: Comer moito sal ou sodio; Queimaduras de sol; Gravidez miniaturadaimagem|Signo clínico de edema.|centro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Linfedema Mixedema Anasarca
Categoría:Síntomas