Os hexápodos (Hexapoda) son un subfilo Brusca & Brusca (2005). (ou unha superclase, segundo os autores) de artrópodos, o que máis especies agrupa, xa que inclúe aos insectos (1 millón de especies),Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. (Resumo) Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618. así como a varios grupos de artrópodos estreitamente relacionados con estes, como os proturos, os dipluros e os colémbolos (unhas 9.000 especies entre os tres).

O nome do grupo está formado polos elementos hexa- e -poda, tirados dos gregos ἕξα-, de héx, "seis", e -πoδα, poda, de πούς, ποδός poús, podós, "perna", respectivamente, e fai referencia á máis distintiva das súas características, a presenza dun tórax consolidado con tres pares de patas, unha cantidade sensibelmente inferior á da maioría dos artrópodos.

Características Os hexápodos teñen unha rexionalización (tagmose) característica, na que o corpo aparece dividido en tres rexións ou tagmas:Do latín científico tagma, e este do grego τάγμα tágma "corpo de tropas", "clase", "orde", derivado de τάσσω tássō, "ordenar", "colocar en orde". cabeza, tórax e abdome.

Especialmente significativa é a distinción de dúas partes detrás da cabeza, das cales só o tórax, formado por tres segmentos, leva outros tantos pares de apéndices locomotores.

O abdome está formado como máximo de once segmentos. En xeral, o abdome non leva apéndices, aínda que en certos grupos subsisten algúns (estilos dos dipluros, furcas dos colémbolos).

A respiración faise a través dun sistema de traqueas. A excreción realízase mediante os tubos de Malpighi, derivados do ectoderma.

Clasificación

Clasificación clásica (Tirada de Lecointre e Le Guyader)Guillaume Lecointre, Guillaume e Hervé Le Guyader (2006):Classification phylogénétique du vivant. 3ª ed. París: Éditions Belin. ISBN 2-7011-4273-3. Subfilo Hexapoda Clase Collembola Clase Diplura Clase Protura Clase Insecta Orde Archaeognatha Orde Zygentoma Subclase Pterygota Infraclase Palaeoptera Orde Ephemeroptera Orde Odonata Infraclase Neoptera Orde Coleoptera Orde Dermaptera Orde Dictyoptera Orde Diptera Orde Embiidina Orde Grylloblattodea Orde Hemiptera Orde Hymenoptera Orde Lepidoptera Orde Mantophasmatodea Orde Mecoptera Orde Megaloptera Orde Neuroptera Orde Orthoptera Orde Phasmida Orde Phthiraptera Orde Plecoptera Orde Psocoptera Orde Raphidioptera Orde Siphonaptera Orde Strepsiptera Orde Thysanoptera Orde Trichoptera Orde Zoraptera

Filoxenia A filoxenia e, consecuentemente, a clasificación dos hexápodos foi e segue a ser controvertida. O principal problema radica basicamente na posición dos dipluros, xa que non parece haber dúbidas sobre a monofilia do clado Collembola+Protura (denominado ás veces Ellipura).

De considerarse que os dipluros están máis relacionados con colémbolos e proturos (cladograma A), aparece o clado Entognatha, que agruparía os hexápodos con pezas bucais parcialmente ocultas dentro da cápsula cefálica; o seu clado irmán sería Ectognatha, que inclúe só aos insectos, con pezas bucais expostas.Tree of Life, Hexapoda .

Porén, hai evidencias (cercos filamentosos, ultraestrutura dos espermatozoides) de que os dipluros poden ser o grupo irmán dos insectos (cladograma B). O clado denominaouse Euentomata. O cladograma C sería unha solución de compromiso entre os cladogramas A e B, até que se resolvan as mencionadas incertezas:

A

B

C

Dúas posíbeis clasificacións que se desprenden do cladograma C son as seguintes:

Clasificación 1:<big>Superclase Hexapoda</big> Clase Collembola Clase Protura Clase Diplura Clase Insecta

'Clasificación 2;<big>Superclase Hexapoda'</big> Clase Ellipura Orde Collembola Orde Protura Clase Diplura Clase Insecta Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8. Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos Artrópodos Insectos

Ligazóns externas Hexapoda en Tree of Life. Con informacións sobre o grupo e discusións sobre as relacións filoxenétticas. Consultada o 13/01/2013. Hexapoda en Fauna Europaea. Consultada o 13/01/2013. Hexapoda'' en ITIS. Consultada o 12/02/2021. Hexapoda en World Register od Marine Species (+ Lista de especies Consultadas o 13/01/2013. Hexapoda en Animal Diversity Web Consultadas o 13/01/2013. Hexapoda en NCBI. Consultada o 13/01/2013.

Categoría:Hexápodos