O camarón común,Daviña Facal, L. (2000): Diccionario das ciencias da natureza e da saúde. Tomo 2. C. A Coruña: Deputación da Coruña. ISBN 84-95335-46-8, páx. 750.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 224. ou camarón, Palaemon serratus, é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, infraorde dos carideos e familia dos palemónidos.Palaemon serratus (Pennant, 1777) no WoRMS. Consultado o 28 de febreir o de 2021.
Encóntrase nas costas do Atlántico oriental, desde Dinamarca até Mauritania, e no mar Mediterráneo (incluído o mar Negro).Palaemon serratus en ARKive. Consultado o 4 de febreiro de 2013.
É o camarón máis abundante, e máis apreciado, nas rías galegas.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita por Thomas Pennant en 1777, baixo o nome de Astacus seratus.Palaemon serratus en ITIS. Consultado o 4 de xaneiro de 2013.
Posteriormente foi incluída no xénero Palaemon, fundado por Friedrich Weber en 1795.Palaemon Weber, 1795 no WoRMS.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido (2021), a especie coñeceuse tamén, ao longo dos anos, polos sinónimos:
Astacus serratus Pennant, 1777 (protónimo) Cancer captivus Nardo, 1847 Leander latreillianus Czerniavsky, 1884 Leander latreillianus f. gigantea Czerniavsky, 1884 Leander latreillianus f. transitans Czerniavsky, 1884 Leander latreillianus f. typica Czerniavsky, 1884 Leander latreillianus var. aberrans Czerniavsky, 1884 Leander latreillianus var. intermedia Czerniavsky, 1884 Leander serratus (Pennant, 1777) Melicerta triliana Risso, 1816 Palaemon rostratus Gimenez, 1922 Palaemon oratelli Monod, 1931
Características
Este camarón ten, como os seus parentes, un corpo longo e comprimido lateralmente. O cefalotórax, máis curto que o abdome, aparece globoso e liso, cun rostro (prolongamento cara a diante máis alá dos ollos) ben desenvolvido e dentado en ambas as marxes.Ramonell, R. (1985), pp. 210-213.
Precisamente o rostro permite distinguir a Palaemon serratrus doutras especies, xa que o ten curvado cara a arriba, coa punta dividida, e presenta de 6 a 7 dentes ao longo do seu bordo superior e de 4 a 5 no inferior, mentres que outros camaróns, aínda que poden ter o rostro lixeiramente curvado, neles os dentes continúan no terzo distal do rostro, que é liso en P. serratus.Christopher W. Ashelby, Tim M. Worsfold & Charles H. J. M. Fransen (2004): "First records of the oriental prawn Palaemon macrodactylus (Decapoda: Caridea), an alien species in European waters, with a revised key to British Palaemonidae" Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 84 (5): 1041–1050. PDF.
O abdome é longo e liso, coa marxe anterior da placa do segundo segmento ou metámero cabalgando sobre a a parte posterior do primeiro; o telson é alongado e triangular, con dous pares de espiñas dorsais e o bordo apical rematado en ángulo agudo, saínte, e con dúas espiñas marxinais pequenas e dúas internas máis longas.
Translúcido, a súa coloración é rosado-apardazada, con pequenas manchas vermellas, e con bandas estreitas escuras que comezan no rostro e percorren o pereion transversalmente.
Mide tipicamente uns 10 cm de lonxitude, sen contar as longas e finas antenas, o que fai del o máis grande dos camaróns nativos das costas do mar do Norte.M. R. Reeve (1986): "The suitability of the English prawn Palaemon serratus (Pennant) for cultivation — a preliminary assessment" FAO Fisheries Report R57 (3):582. FAO.
Este camarón é un dos poucos invertebrados cuxo oído foi estudado en detalle; é sensíbel ás frecuencias entre 100 Hz e 3 kHz, cunha agudeza similar á da xeneralidade dos peixes.J. M. Lovella, M. M. Findlaya, R. M. Moateb & H. Y. Yan (2005): "The hearing abilities of the prawn Palaemon serratus Comparative Biochemistry and Physiology, Part A 140 (1): 89–100.
Bioloxía Vive de 3 a 5 anosTorry Research Station. "Handling and processing shrimp". Torry Advisory Notes — No. 54. Food and Agriculture Organization (ou até os 6, segundo autores) en grupos duns 40 individuos, en gretas rochosas e furnas da costa, a profundidades de até 40 m.
As femias medran máis rápido que os machos, e a poboación é estacional, cun pico pronunciado en outono.Guillermo Guerao & Carlos Ribera (2000): "Population characteristics of the prawn Palaemon serratus (Decapoda, Palaemonidae) in a shallow Mediterranean bay" Crustaceana 73 (4): 459–468 . Considérase que as femias non alcanzan a madurez sexual até rematar o segundo verán ou na primavera do seu terceiro ano de vida.
A fecundación é interna, e as femias liberan, 4 ou 5 veces por ano, de dous a catro mil ovos que incuban levándoos debaixo do abdome, prendidos aos apéndices, até a eclosión. No interior do ovo transcorren as primeiras fases larvais, de maneira que as larvas nacen xa na fase zoea, medindo de 3 a 4 mm; estas larvas teñen dous grandes ollos compostos e tres pares de apéndices a cada lado do cefalotórax, que empregan para nadar en posición vertical e invertida. O desenvolvemento larval comprende sete estadios, dos que os tres primeiros se consideran como formas zoea e os catro seguintes como mysis, caracterizada esta última pola completa formación do abdome e o telson, e o comezo do desenvolvemento dos pleópodos. Despois da sétima muda ou metamorfose o pequeno camarón toma a forma adulta, aínda que non mide máis que 8 mm, cambian os seus costumes alimenticios e pousa no fondo, comezando a súa vida bentónica.
A alimentación das larvas é a base de zooplancto. De adultos pasan a alimentarse de pequenos animais vivos ou mortos, materias en descomposición e algas.
A especie sofre a depredación por parte de gran variedade de peixes, incluíndo especies das familias Mullidae, Moronidae, Sparidae e Batrachoididae.Rita Sá, Constança Bexiga, Pedro Veiga, Lina Vieira & Karim Erzini (2006): "Feeding ecology and trophic relationships of fish species in the lower Guadiana River Estuary and Castro Marim e Vila Real de Santo António salt marsh" Estuarine, Coastal and Shelf Science 70 (1–2): 19–26.
Pesca Péscase mediante trueis ou ganapáns, nasas e con artes de arrastre de malla fina. Non existe veda en Galicia, pero o tamaño mínimo de captura é de 3 cm, medidos desde os ollos até a aleta central da cola.
Cultivo O estudo do cultivo desta especie comezou na década de 1950, non chegándose aínda e un rendemento que faga posíbel unha explotación industrial sen un elevado risco. A alimentación das larvas é relativamente sinxela, a base de Artemia e rotíferos e, nas fases xuvenís, con carne de mexillón, restos de peixes, pensos compostos, algas etc. Un dos maiores inconvenientes é a tendencia ao canibalismo que presentan a todas as idades, o que limita a densidade de individuos nos estanques.
Nomes populares galegos En Galicia o nome máis estendido dos que se aplican á especie Palemon serratus, a máis común, como se dixo, dos carídeos galegos, é o de camarón, recollido en máis de 50 localidades costeiras por Ríos Panisse.Ríos Panisse, M. C. (1977), p. 42. e forma escollida polo Dicionario da Real Academia Galega.
Rosa Ramonell, na súa guía, dálle como nome principal camarón de roca, sinalando que son sinónimos camarón do lance, camarón manso, esquea, esquía, esquilaNomes derivados do latín squilla, "certa clase de crustáceo"., puntilla e quisquilla, todos eles recollidos por Ríos Panisse no seu inventario nalgunha localidade, pero non, en cambio, o máis citado por esta última autora, camarón.
Gastronomía O máis común dos camaróns galegos é tamén o máis apreciado gastronomicamente e solicitado para celebrar festas especiais e que se pode ver, simplemente cocido, en moitas mesas do país en datas sinaladas, como en noiteboa, Nadal ou noitevella, época na que alcanza elevadísimos prezos nos mercados (a xente previsora acostuma a mercalos en outono, cando son máis abundantes e baratos, e a conxelalos para as festas).
O mestre Álvaro Cunqueiro, porén, dedícalle pouca atención na súa obra A cociña galega:Cunqueiro, A. (1973), p. 73.
O seu discípulo Jorge Víctor Sueiro si se mostra máis entusiasta con este crustáceo, que chega a considerar como un mariscal de la marisquería.Sueiro, J.-V. (1981), Manual del marisco.
Loanzas que continúa en Comer en Galicia:Sueiro, J.-V. (1981), Comer en Galicia.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Costello, M. J., Emblow, C. & White, R. J., eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-8565-3538-0. Cunqueiro, Á. (1973): A cociña galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-181-5. Holthuis, L. B. (1993): The recent genera of the Caridean and Stenopodidean shrimps (Crustacea, Decapoda): with an appendix on the order Amphionidacea. Leiden: Nationaal Natuurhistorisch Museum. ISBN 9-0732-3921-4. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-4532-913-8. Raabe, Charles & Linda Raabe (2008): "The Caridean shrimp: Shrimp Anatomy - Illustrations and Glossary ". Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3. Tavares, Carolina & Joel W. Martin (2016): "Suborder Dendrobranchiata Bate, 1888", en F. R. Schram, J. C. von Vaupel Klein, J. Forest & M. Charmantier-Daures (eds.) Treatise on Zoology – Anatomy, Taxonomy, Biology – The Crustacea. Volume 9A Eucarida: Euphausiacea, Amphionidacea, and Decapoda. Brill Publishers. ISBN 978-9-0041-8873-0. Ríos Panisse, Mª C. (1977): Nomenclatura de la flora y la fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces. Verba, Anejo 7. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X. Sueiro, J.-V. (1981): Manual del marisco. (Prólogo: Domingo García Sabell. Epílogo: Luis Caparrós). Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-8533-749-2. Sueiro, J.-V. (1981): Comer en Galicia. (Prólogo: Álvaro Cunqueiro). Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-8533-732-8.
Outros artigos Crustáceos Decápodos Carideos Palemónidos Palaemon Marisco
Ligazóns externas Palaemon serratus no ITIS. Consultada o 28/02/2021. Palaemon serratus en ARKive. Inclúe 9 fotos e 3 vídeos. Consultada o 4/01/2013. Palaemon serratus na 'EOL . Consultada o 4/01/2013. Palaemon serratus no NCBI . Consultada o 4/01/2013. Ficha en pescaderiascorunesas.es .
Categoría:Carideos Categoría:Crustáceos de Galicia Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Marisco Categoría:Animais descritos en 1777