Juan Manuel Iglesias Rivera, nado en Ourense o 21 de abril de 1940, é un avogado e político galego.
Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense. Funcionario do Ministerio de Traballo en Ourense, traballou como avogado laboralista. En 1977 ingresou no Partido Socialista Popular, do que foi secretario provincial de Ourense. Foi concelleiro e tenente de alcalde de Ourense. Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas primeiras eleccións autonómicas polo PSdeG-PSOE.
Causou baixa como parlamentario a finais de 1982 ao ser nomeado gobernador civil de Lugo, posto no que permaneceu ata 1996, cando o cambio de goberno fixo que fose substituído por José Luis Mourín Estela. Posteriormente reincorporouse á administración pública, onde se xubilou.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia