Futurama é un videoxogo en 3D baseado na serie de animación homónima Futurama. O xogo saíu para Xbox e PlayStation 2 o 12 de agosto de 2003 e usa a tecnoloxía cel shading para o aspecto gráfico. As voces dos personaxes foron dobradas polos actores de dobraxe orixinais da serie. Por outra banda, as animacións entre os diferentes niveis foron xuntadas e publicadas como un episodio no DVD do filme Futurama: The Beast with a Billion Backs.

Argumento Mamá faise co control Planet Express e os membros da empresa, Fry, Bender, Leela e o Doutor Zoidberg deben frustrar o seu plan de controlar o universo. Cando o profesor Farnsworth vende Planet Express a Mamá, esta convértese en dona do 51% das empresas da Terra, tendo así o poder de someter e escravizar a tódolos seres humanos do planeta.

Personaxes Philip J. Fry: Personaxe xogábel. Turanga Leela: Personaxe xogábel. Bender Bending Rodríguez: Personaxe xogábel. Profesor Farnsworth: Personaxe non xogábel. Doutor Zoidberg: Personaxe xogábel. Hermes Conrad: Personaxe non xogábel. Mamá: Personaxe non xogábel, antagonista principal. Amy Wong: Personaxe non xogábel. Zapp Brannigan: Personaxe non xogábel.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do xogo IGN: PS2 e Xbox

Categoría:Futurama Categoría:Videoxogos de 2003 Categoría:Videoxogos de ciencia ficción