Alt-J (de ∆ e escrito habitualmente como alt-J) é unha banda alternativa británica de Leeds formada en 2007. O seu álbum de estrea, An Awesome Wave, foi lanzado á venda en maio de 2012 en Europa e en setembro do mesmo ano nos Estados Unidos. A banda, formada por catro integrantes, gañou no 2012 o British Barclaycard Mercury Prize.
Orixe do nome O símbolo da banda é a letra grega Delta maiúscula (Δ) que se emprega en moitos campos técnicos para indicar un cambio ou diferenza.
O uso de Δ básase na secuencia de teclas empregada para xerala nunha computadora Apple Macintosh: ⌥ Option+J.
A portada do álbum debut da banda, An Awesome Wave, mostra unha vista aérea do río delta máis grande do mundo, o Ganxes.
A banda foi coñecida anteriormente polo nome "Daljit Dhaliwa" e logo por "Films", aínda que máis tarde víronse obrigados a cambia-lo nome a como é coñecida hoxe, porque xa existía unha banda estadounidense chamada "The Films".
Historia Alt-J formouse en 2007 cando Gwil Sainsbury (guitarrista / bajista), Joe Newman (guitarra / voz), Gus Unger-Hamilton (teclados) e Thom Green (batería) se coñeceron na Universidade de Leeds.
Gus Unger-Hamilton estudou literatura inglesa mentres o resto da formación estudaba Belas Artes. No segundo ano de universidade, Joe Newman mostrou a Gwil Sainsbury unha serie de cancións inspiradas no seu pai, guitarrista. Ámbolos dous comezaron a gravar nun programa chamado Garageband no seu dormitorio, con Gwil Sainsbury como produtor. Tras graduarse, mudáronse a Cambridge. O seu álbum debut foi grabado en Brixton.
O 3 de marzo, Alt-J empezou a anunciar o seu novo álbum a través das súas contas en redes sociais cun clip de son chamado "00110011 01110111 01110111", o cal se traduce en "3WW". Stereogum reportou ese mesmo día que o álbum chamaríase "Relaxer" e sería publicado o 9 de xuño de 2017. O 5 de marzo do ano 2017, Alt-J lanzou "3WW" coma un sinxelo dixtal.
O 16 de setembro de 2021, a banda anunciou que o seu primeiro sinxelo dende 2018, titulado "U&ME", sería lanzado o 22 dese mesmo mes. Este lanzamento coincidiu co anuncio do seu cuarto álbum, "The Dream", que saíu á luz o 11 de febreiro de 2022.
Discografía Álbums de estudio + Lista de álbums de estudio coas posicións en lista de éxitos e outros galardóns Título Detalles do álbum Posicións nas listas de éxitos Premios RU AUS BEL(Fl) CAN DIN FRA IRL PB NC SUI USA An Awesome Wave Lanzamento: 28/05/2012 Produtora: Infectious Formatos: CD, LP, Formato dixital 13 9 17 30 34 45 11 18 24 39 80 Industria fonográfica británica BPI: Platino Industria australiana de produción ARIA: Platino Music Canada: Ouro Industria Americana de produción RIAA: Ouro This Is All Yours Lanzamento: 22/09/2014 Produtora: Infectious Formatos: CD, LP, formado dixital 1 2 2 2 7 5 4 6 5 3 4 BPI: Ouro ARIA: Ouro MC: Ouro RIAA: Ouro Relaxer Lanzamento: 2/06/2017 Produtora: Infectious Formatos: CD, LP, formato dixital 6 4 4 7 — 11 9 12 12 3 14The DreamLanzamento: 11/02/2022 Produtora: BMG Formatos: CD, vinilo, casete, formato dixital - - - - - - - - - - - "—" quere dicir que non chegou ás listas dese país ou que non se lanzou alí.
Álbums ao vivo + Lista de álbums gravados ao vivo, con algúns dos postos ao que chegaron nas listas. Título Detalles do álbum Posicións nas listas de éxitos UK BEL(Fla) FRA Live at Red Rocks Lanzamento: 24/06/2016 Produtora: Infectious Formatos: CD+DVD+Blu-ray, 2×LP+DVD, formato dixital — 58 187
Sinxelos + Lista de sinxelos, mostrando o ano e o nome do álbum no que se incluíron. Título Ano Posición nas listas Álbum UK FRA US "Bloodflood" / "Tessellate" 2011 — — — An Awesome Wave "Matilda" 2012 83 109 7 "Breezeblocks" 75 "Tessellate" 120 124 — "Something Good" 76 66 — "Fitzpleasure" — — — "Dissolve Me" 2013 — — — "Hunger of the Pine" 2014 59 58 147 This Is All Yours "Left Hand Free" 85 54 126 "Every Other Freckle" 58 59 93 "Warm Foothills" 2015 161 — — "3WW" 2017 — 70 — Relaxer "In Cold Blood" — 64 163 "Adeline" — — — "Deadcrush" — 79 — "Pleader" — — — "—" quere dicir que non chegou ás listas dese país ou que non se lanzou alí.
Notas
Categoría:Grupos musicais formados en 2007 Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de folk psicodélico Categoría:Grupos musicais de música experimental Categoría:Grupos musicais de Leeds