That's My Boy é unha película de comedia norteamericana protagonizada por Adam Sandler, Andy Samberg e Leighton Meester. O guión foi escrito por David Caspe e dirixido por Sean Anders.

A película foi producida baixo a compañía de produción de Sandler, Happy Madison; e foi rodada en Massachusetts, nos arredores de Boston, Everett, Lynn, Brockton, Stoughton e Cape Cod. A película estreouse o 15 de xuño de 2012. e é distribuída por Columbia Pictures.

Sinopse O filme comeza cando o adolescente Donny Berger coñece a muller dos seus soños. O único problema é que esta muller, Mary McGarricle, é a súa profesora. Así, a profesora acaba tendo un fillo con el, feito que a acaba levando á cadea, deixando só a Donny para criar o neno.

Donny intentou ser un bo pai, pero non o fixo moi ben. Agora, trinta anos despois, Todd (Andy Samberg) xa é adulto e é un alto executivo en Wall Street. Afastouse de Donny tan pronto como puido e non o viu durante anos. Mais Donny ten problemas, xa que lle debe miles de dólares a Facenda, e é entón cando pensa que poñerse en contacto co seu fillo é a única maneira de conseguir os cartos para evitar o cárcere. Localiza o fillo cando este está preparando a súa voda con Jamie (Leighton Meester).

Elenco Adam Sandler como Donny Justin Weaver como Donny de 1984 Andy Samberg como Todd Leighton Meester como Jamie Susan Sarandon como Mary McGarricle Eva Amurri como Mary McGarricle de 1984 Milo Ventimiglia como Jack Rex Ryan como Jim Nance Luenell como Champale Ciara como Brie Vanilla Ice como el mesmo Peggy Stewart como avoa Delores Alan Thicke como pai de Donny na versión da televisión James Caan como padre McNally Dan Patrick como Randall Morgan Will Forte como Phil Rachel Dratch como esposa de Phil Blake Clark como Gerald Colin Quinn como DJ de Strip Club Nick Swardson como Kenny Ana Gasteyer como Sra. Ravensdale Ian Ziering como Donny na versión da televisión Todd Bridges como el mesmo Tony Orlando como Steve Spirou Baron Davis como profesor de ximnasio Dennis Dugan como conserxe da escola Jackie Sandler como Masseuse Brad Grunberg como Tubby Tuke

Produción A película titulouse orixinalmente I hate you, dad (Ódiote, papá). Logo cambiouse a Donny's boy (O rapaz de Donny) antes de que os produtores finalmente a chamaran That's my boy (Ese é o meu rapaz).

Promoción Un tráiler de banda vermella foi lanzado o 1 de marzo de 2012. Un tráiler de banda verde foi lanzado máis tarde o 5 de marzo de 2012. O 1 de xuño de 2012, todo o elenco sentou coa MTV no escenario de City Walk para discutir a película, os seus próximos proxectos individuais e tamén participaron nun Q&A (Preguntas e respostas) co público. A película tamén foi promovida nos MTV Movie Awards de 2012, onde Adam Sandler, Andy Samberg e Leighton Meester foron os presentadores do «mellor bico».

Un tráiler falso foi publicado por Samberg na conta de The Lonely Island en YouTube o 1 de xuño de 2012."That's My Boy Trailer - Samberg Cut" - YouTube

Acollida Recadación A película abriu o 15 de xuño de 2012 con $4.6 millóns e conseguiu $13 millóns no seu debut en toda a fin de semana, que sería a peor fin de semana inaugural de Sandler desde Reign Over Me en 2007, que contou cun orzamento significativamente menor.

A película recadou $13.453.714 na súa fin de semana inaugural, ocupando o posto número catro detrás das segundas fins de semana de Madagascar 3: Europe's Most Wanted e Prometheus e a apertura de Rock of ages.Weekend Box Office Results for June 15-17, 2012 - Box Office Mojo A 27 de xuño de 2012, a película recadou $30 447 403 a nivel nacional e $33 318 295 en todo o mundo.Ficha de That's My Boy en Box Office Mojo .

Resposta da crítica As críticas foron principalmente negativas. Rotten Tomatoes reporta que só o 23% dos críticos de cine deu unha recensión positiva baseado en 85 comentarios, co consenso que indica que «se ben representa unha nova incursión en obscenidade para maiores de idade típica de Sandler, en That's my boy empeza a repetir un efecto decrecente, arrastrando a Andy Samberg con el».Ficha de That's My Boy en Rotten Tomatoes (en inglés). Metacritic dálle unha cualificación de 30/100, o que indica «críticas xeralmente desfavorables». O programa de críticas en liña Half in the Bag, denomina a película «patética» e critica a Sandler como cómico, incluíndo a súa incapacidade para crear humor real que non estea baseado en chistes infantís.

A película foi criticada pola súa representación cómica de violación de menores, pedofilia e incesto.http://www.salon.com/2012/06/16/sympathy_for_adam_sandler/http://www.dailymercury.com.au/story/2012/06/21/movie-review-thats-my-boy-adam-sandler/http://www.qt.com.au/story/2012/06/21/movie-review-thats-my-boy-adam-sandler/http://ncfm.org/2012/05/news/discrimination-against-men-news/adam-sandlers-new-movie-thats-my-boy-exploits-child-victims-of-sexual-assault-please-boycott-the-movie/http://www.huffingtonpost.com/christopher-rosen/thats-my-boy-adam-sandler_b_1600054.htmlhttp://goodmenproject.com/noseriouslywhatabouttehmenz/thats-my-boy/http://goodmenproject.com/good-feed-blog/adam-sandler-and-rape-culture/

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes sobre alcoholismo Categoría:Filmes sobre familias disfuncionais Categoría:Filmes ambientados en 1984 Categoría:Filmes ambientados en 2012 Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts