Kosmos 461 (Космос 461 en ruso), tamén denominado DS-U2-MT, foi un satélite artificial soviético lanzado o 2 de decembro de 1971 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características Kosmos 461 foi o primeiro e único membro do modelo de satélites DS-U2-MT. Estaba adicado a facer observacións dos micrometeoroides en órbita terrestre e observacións astronómicas no rango da radiación gamma. Foi inxectado nunha órbita inicial de 524 km de apoxeo e 490 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 69,2 graos e un período de 94,6 minutos. Reentrou na atmosfera o 21 de febreiro de 1979.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Satélites Kosmos Categoría:Programa Dnepropetrovsk Sputnik