"Blowin' in the Wind" é unha canción do músico estadounidense Bob Dylan, composta en 1962 e publicada no seu álbum The Freewheelin' Bob Dylan de 1963. Aínda que foi descrita como unha canción protesta, formula unha serie de preguntas retóricas sobre a paz, a guerra e a liberdade.
No ano 1994 a canción entrou no Grammy Hall of Fame, e no 2004 foi colocada no número 14 na lista da revista Rolling Stone das "500 mellores cancións de todos os tempos".
"Blowin' in the Wind" foi versionada por centos de artistas. A versión máis exitosa comercialmente é a do trío folk Peter, Paul and Mary, editada en xuño de 1963, tres semanas despois do lanzamento de The Freewheelin' Bob Dylan. Esta chegou a acadar o número 2 das listas da Billboard.
Categoría:Sinxelos de 1963 Categoría:Cancións de Bob Dylan Categoría:Cancións en lingua inglesa