FerroAtlántica é unha empresa galega con sede en Madrid, no edificio Torre Espacio. A empresa é o primeiro produtor mundial de silicio metal e de ferroaliaxes co 15 % do mercado mundial. Ten 15 fábricas (6 en Francia, 5 en España, 2 en Suráfrica, unha en Venezuela e outra na China). A capacidade de produción total é de 300.000 toneladas ao anoFerroatlántica analiza invertir 400 millones para fabricar silicio en Canadá. Expansión.

Historia miniatura|En primeiro termo a fábrica de FerroAtlántica en Sabón. A historia da empresa iníciase co aproveitamento eléctrico do río Xallas o 17 de outubro de 1910. O Goberno Civil da Coruña outorga unha concesión a Francisco del Campo Lacalle para un aproveitamento eléctrico no Xallas cun caudal máximo de 6.000 l/s e un salto de 19,13 m"Medio Ambiente admite que Fraga dio un permiso irregular a Villar Mir", El País.. A empresa medrou mercando concesións, fábricas e canteiras. En 1992 compra a División de Ferroaleacións do Grupo Carburos Metálicos, constituíndose o 4 de decembro dese mesmo ano a sociedade FerroAtlántica, no ano 2007 constitúese o Grupo FerroAtlántica.

FerroAtlántica ten actualmente tres fábricas en Galiza e seis centrais hidroeléctricas: nos concellos de Cee e Dumbría (na Costa da Morte) e mais no polígono industrial de Sabón (Arteixo).

Cinco das centrais hidroeléctricas están situadas na cunca do río Xallas (Dumbría,Mazaricos, entre eles o encoro da Fervenza e o encoro de Santa Uxía) e unha na cunca do río Grande do Porto (Vimianzo). A enerxía eléctrica consómese nas fábricas do grupo vendendo o excedente.

O mineral de cuarzo obtense de canteiras propiedade do grupo como a de Serrabal entre Vedra e Boqueixón.

En 2007 a empresa abriu as comportas da presa da Fervenza deixando o río Xallas e o encoro sen auga causando a morte de milleiros de peixes. Ferroatlántica foi condenada ao pago de 305.954 euros e dous directivos a multas de 4.320 euros, segundo sentenza firme do Xulgado do Penal número seis da Coruña. O fallo condenou en novembro de 2011 á empresa de Juan Miguel Villar Mir a abonar 265.954 euros á Xunta e outros 40.000 a partes iguais entre a Federación Galega de Pesca e Salmo Club de Pesca Deportiva"Hernández usa una multa a Ferroatlántica para recuperar el Xallas", El País..

En 2015 a empresa anunciou a súa fusión con Globe Speciality Metals (GSM), con sede en Miami. O novo grupo será propiedade ao 57% de FerroAtlántica e o grupo estadounidense terá o outro 43%Ferroatlántica se fusiona con la americana Globe y consolida su liderazgo mundial en el sector lavozdegalicia.es pasando a chamarse Ferroglobe.

A empresa ten as certificacións ISO 9001, ISO 14001 e OHSAS 18001 todas elas do Regulamento de Ecoxestión e Ecoauditoría Ambiental EMAS (Environmental Management and Audit System). A empresa tamén cumpre o regulamento REACH (Registration, Evaluation, Authorization and Restriction of Chemicals Substances).

Produtos Si Metal SiMn FeMn FeMn Af FeSi Microsílice Pasta Söderberg

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da empresa

Categoría:Empresas de Galicia