Ramón Alfredo Mutis, nado o 31 de agosto de 1899 en Buenos Aires e finado o 12 de xaneiro de 1955 en Córdoba, Arxentina, alcumado El fuerte, foi un futbolista arxentino que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria Comezou a xogar profesionalmente en Chile no Santiago Wanderers e tras un breve paso polo CA Atlanta fichou polo Boca Juniors, onde militaría a maior parte da súa carreira e despois do cal se retirou. Porén no ano 1936 volveu para xogar no Argentinos Juniors a moi bo nivel. Retirouse definitivamente no ano 1937 no Club Almagro onde tamén facía as funcións de adestrador e co que conseguiría gañar o campionato de Segunda División. Vitoria que conseguiría xa so como adestrador co Argentinos Juniors no ano 1940.Campións da Segunda División Arxentina
Coa Selección de fútbol da Arxentina debutou o 20 de maio de 1923 ante o Uruguai, e xogou 11 encontros, disputando o Mundial de Fútbol Uruguai 1930 aínda que xo disputou o primeiro encontro contra Francia.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoPrimeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1923Primeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1924Primeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1926Primeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1930Primeira División da ArxentinaBoca JuniorsArxentina1931Copa de Honor CusenierCA AtlantaArxentina1920Copa IbargurenBoca JuniorsArxentina1923Copa IbargurenBoca JuniorsArxentina1924Copa CompetenciaBoca JuniorsArxentina1925Copa EstímuloBoca JuniorsArxentina1926
Campionatos internacionais TítuloAnoSedeResultadoCopa América1925 ArxentinaCampiónCopa América1926 ChileSubcampión
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en historiadeboca.com Perfil da súa participación nas Copas do Mundo Biografía en Informexeneize.com
Categoría:Nados en 1899 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Santiago Wanderers Categoría:Xogadores do CA Atlanta Categoría:Xogadores do CA Boca Juniors Categoría:Xogadores do Argentinos Juniors Categoría:Xogadores do Club Almagro Categoría:Xogadores da selección de fútbol da Arxentina Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1930 Categoría:Futbolistas gañadores da Copa América