Phillip Harvey "Phil" Spector, nado como Harvey Phillip Spector o 26 de decembro de 1939 no Bronx en Nova York e finado o 16 de xaneiro de 2021, foi un produtor e compositor estadounidense.

Creador da técnica de produción "Wall of Sound" (en galego, "muro de son") Spector foi o pioneiro no son dos grupos de rapazas dos anos 60 e produciu ao redor de 25 éxitos top 40 entre 1960 e 1965. Algúns dos seus grupos femininos máis famosos son The Ronettes e The Crystals. Despois do seu éxito inicial, Spector traballou con artistas como Ike e Tina Turner, John Lennon, George Harrison e Ramones con semellante aclamación. Produciu o álbum dos Beatles Let It Be, e o directo de George Harrison The Concert for Bangladesh. En 1989 Spector entrou no Rock and Roll Hall of Fame. A canción de 1965 "You've Lost That Lovin' Feelin'", producida e co-composta por Spector para The Righteous Brothers, está listada pola organización BMI como o tema máis emitido pola radio estadounidense no século XX. O derradeiro gran disco producido por el foi The End of Century de Ramones en 1979.

No ano 2009 Spector foi declarado culpable de asasinato en segundo grao pola morte a tiros no 2003 da actriz Lana Clarkson na súa casa de Alhambra (California). Foi condenado a botar 19 anos no cárcere, pero uns meses antes de saír apañou a COVID-19 na prisión e faleceu unhas semanas máis tarde.

Notas

Categoría:Produtores musicais Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1939 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Finados pola COVID-19 nos Estados Unidos de América