Une partie de cartes é un filme francés mudo e en branco e negro dirixido por Georges Méliès que se estreou en 1896. Foi o primeiro filme de Méliès, e é unha versión do filme de Louis Lumière Partie de cartes que se estreou antes ese mesmo ano.

Sinopse Tres homes están sentados á mesa, dous deles xogando ás cartas mentres o terceiro fuma e le o xornal. O home que non xoga chama a unha moza para que lle traia unha botella de viño. Serve o viño en vasos para el e para os seus amigos. Despois de beber, o home le unha historia que fai que os seus amigos rían.

Véxase tamén Ligazóns externas Filme completo en YouTube

Categoría:Filmes de 1896 Categoría:Cinema mudo Categoría:Filmes de Francia