María Teresa Villaverde Pais, nada en Noia en 1960,La Voz de Galicia, Barbanza, 16-6-2019, p.l7. é unha política galega do PPdeG e alcaldesa de Lousame dende o 20 de setembro de 2012.

Traxectoria É licenciada en Filoloxía Hispánica e diplomada en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. En 2003 foi elixida concelleira de Cultura e Educación no concello de Lousame no goberno de Santiago Freire, en 2007 pasou a ocupar a concellaría de Servizos Sociais e Cultura, e en 2011 foi concelleira de Cultura, Muller e Xuventude, ata que foi elixida alcaldesa. Ademais, en 2009 foi nomeada xefa de Educación na Coruña, e en outubro de 2011 deputada no Parlamento de Galicia tras a dimisión de Pablo Cobián.

En setembro de 2012, tras a dimisión de Santiago Freire como alcalde de Lousame, foi elixida alcaldesa na súa substitución. Nas eleccións de 2015, 2019 e 2023 foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta. Foi deputada provincial de 2017 a 2019 e novamente de 2022 a 2023. En setembro de 2025 dimitiu como alcaldesa.Teresa Villaverde dimite como alcaldesa de Lousame

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lousame

Ligazóns externas "Teresa Villaverde sustituirá a Pablo Cobián y Manuel Parga a Fernando Blanco",artigo en La Voz de Galicia, 5 de outubro de 2011 . "Teresa Villaverde ya es alcaldesa de Lousame", reportaxe en 27tv .

Categoría:Alcaldes de Lousame Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes